Recepción do Museo
16 decembro 2011 – 9 xaneiro 2012
A Fundación Eugenio Granell, un ano máis, únese a celebración do Nadal coa súa particular proposta de Belén. Trátase xa, dunha visita obrigada nestas datas para adultos e público infantil.
O Belén, componse de pezas da colección de arte étnica da Fundación Eugenio Granell, deste xeito, creáse unha composición na recepción do museo, a modo de illas, nas que se dispoñen unha coidada selección de obras de arte popular e doutras culturas.
Esta singular visión inclúe pezas que nada teñen que ver coas habituais figuriñas de Nadal, adquirindo por iso o toque surrealista representativo da Fundación, ofrecendo unha perspectiva diferente e cargada de significado, especialmente nos tempos que nos toca vivir, un reflexo da multiculturalidade, presente na traxectoria de Granell e nas súas coleccións.
Esta mostra ten, ademáis un carácter interactivo, xa que se propoñen diferentes actividades como cuestionarios para que o público estableza relacións coa mostra Bestiario, que se pode ver no noso museo. Poderemos visualizar obras de diferentes lugares do mundo, dende ás árbores da vida de México, pasando por pezas de Portugal, Porto Rico, Túnez, India, Perú ou Guatemala, entre outras.