
O Museo, no seu desexo de se converter nun lugar de promoción e criación cultural, organizou desde o seu início, actividades culturais que tiveron moi boa acollida por parte do público. Ademais de concertos, ciclos de cine, performances, recitais de poesia, conferencias, maratóns de lectura que contaron coa participación de diversos colectivos, colexios, institutos e particulares e que desde o ano 98 se repetiron tódolos anos, hai que destacar outras actividades relacionadas directamente coa temática das exposicións. Asi se fixeron diversas representacións teatrais. A primeira deu a coñecer a obra de Eugenio Granell “A Cámara Negra” que se estreou coa exposición “Granell e o teatro” comisariada por Javier Navarro de Zuvillaga. O grupo Minerva dirixido por Roberto Leal, Tacón Teatro por Socorro Vedo e Tangatutanga por Beatriz Bravo colaboraron na realización deste tipo de representacións nas que existe unha indiscutibel conexión entre texto e temática expositiva e nas que o escenario o constituiu o propio espazo do Museo.
No ano 2000 se celebrou o Congreso Internacional de Surrealismo. Homenaxe a Eugenio Granell no que participaron importantes personalidades relacionadas co mundo da arte (profesores, críticos, artistas…). E no 2006 celebramos o Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell no que especialistas en diferentes materias abordaron o estudio das diversas facetas nas que destacou este polifacético artista.
Conferencia: Venezuela na encrucilladaPonente: Angelo Rivero Santos, Centro de Estudios Latinoamericanos Georgetown University (EEUU)Esta conferencia terá lugar na Facultade de Xeografía e HistoriaMiércoles 4 de febrero, 19.00h Resumo: a extracción…
Tres, dous, un, acción. Conservación in situ Martes, 27 de xaneiro. 11:00 – 12:00 12:30 – 13:30Entrada libre.Inscrición en: restauración@fundacion-granell.org Co motivo do Día Internacional do Restaurador de obras de…
Gloria Rico e Tyler McKechnieMartes 20 de xaneiro, 12.00h Actividade que presenta o museo como espazo de experimentación, a través de proxectos relacionados e contextuais, xerando contidos a través de proxectos…
Presentación O CORPO DE MEDUSA. REFLEXIÓNS SOBRE HISTORIA CONTEMPORÁNEA. DEMOCRACIA E CORPO. LECTURA PÚBLICA.Por GABRIEL MULEIROXoves 13 de novembro, 19.00h O ESCRITOR PRESENTOUSE NA CIDADE DE BERLÍN, MADRID, CIDADE DE…
Presentación do libro Arte dexenerada Galega de Blanca Paula Rodríguez GarabatosMartes 4 de novembro, 19.00h Premio Manuel Murguia de Ensaio 2023Acompañando á autora na presentación estará Encarna Otero, historiadora e…
Conferencia: Rutas emerxentes: a inmigración recente en Uruguai (2009-2023)Impartida por: Silvia Facal SantiagoXoves 27 de novembro, 19.00h Uruguai é un país marcado por movementos migratorios de ida e volta que,…








