¿Quere facerse amigo do Museo Eugenio Granell?

Calquera persoa ou entidade pode colaborar coa Fundación Eugenio Granell a través dos Amigos Museo Eugenio Granell. A Fundación Eugenio Granell é un dos primeiros Museos de arte do século XX que se crea en Galicia, que acabou por se converter nun referente do surrealismo internacional. Para a súa dirección, é primordial a participación dos diferentes públicos, cun interese especial por abrir o Museo ao exterior.
A Fundación ten como propósito o estudo da obra de Eugenio Granell, así como, o dunha persoa que viviu o exilio en varios países trala derrota da guerra civil española en 1939. Outro obxectivo importante é o estudo do surrealismo e correntes afíns. Con este propósito, na súa sede, o Pazo de Bendaña, século XVIII, móstranse exposicións temporais que dan a coñecer os valiosos e numerosos fondos do Museo, así como outras exposicións de artistas surrealistas de todo o mundo.
Anualmente ofrecemos tamén diferentes actividades: talleres didácticos para estudantes e grupos, visitas guiadas, conferencias, cursos e outras actividades relacionadas coa arte. Ao longo destes anos publicamos catálogos así como libros escritos por Granell.
Características | Miembro protector | Miembro de honor | Miembro benefactor | Miembro colaborador |
---|---|---|---|---|
Cantidade anual | A partir de 1.800€ | 300€ | 120€ | de 12€ a 60€ |
Entrada gratuita ao Museo | Si | Si | Si | Si |
Acceso á biblioteca e ao centro de documentación | Si | Si | Si | Si |
Información regular e personalizada das actividades da Fundación | Si | Si | Si | Si |
Mención nominal nun lugar destacado do Museo | Si | Si | Si | Si |
Vantaxes fiscais desgravable para persoas xurídicas | dun 35% | dun 35% | dun 35% | dun 35% |
Vantaxes fiscais desgravable para persoas físicas | dun 25% | dun 25% | dun 25% | dun 25% |
Visita guiada ás exposicións temporais | Si | Si | Si | No |
Acceso á biblioteca e ao centro de documentación | Si | Si | No | No |
Visita guiada exclusiva previa á inauguración. | Si | No | No | No |
Descontos no aluguer de espacios da Fundación | Si | No | No | No |
Convite aos cursos que organice a Fundación | Si | No | No | No |
Mención nominal na nosa páxina web | Si | No | No | No |
Mención nos catálogos publicados pola Fundación | Si | No | No | No |
Desconto nas publicacións | dun 30% | dun 20% | dun 20% | dun 15% |
Desconto en artículos especiais da tenda | dun 20% | dun 10% | No | No |
Invitacións para visitar as exposicións | 5 | No | No | No |
Se desexan facerse Amigos Museo Eugenio Granell recheen o formulario a continuación ou descarguen e cubran este documento.