O Museo Fundación Eugenio Granell pon a súa disposición unha serie de espazos na súa sede, o Pazo de Bendaña, para a celebración de todo tipo de eventos (conferencias, congresos, reunións, rodaxes, etc.). Ideal para sesións fotográficas de voda ou outros eventos corporativos ou sociais que se poden completar con visitas privadas ao museo ou ás súas importantes coleccións.
A edificación do Pazo de Bendaña, remóntase ao século XVIII. Está situado na Praza do Toural, centro neurálxico de Santiago de Compostela. Unha situación privilexiada, integrada no centro histórico e moi preto da zona nova da cidade. Dende a súa conversión en sede da Fundación Eugenio Granell, o interior do Pazo de Bendaña reformouse en dúas ocasións, a derradeira en 2010, dando como resultado un espazo versátil con salas amplas e diáfanas.
O Pazo dispón dunha fermosa Terraza de 300m2, un lugar de excepción no centro histórico de Santiago de Compostela, ideal para recepcións, concertos e outras actividades ao aire libre
O Museo-Fundación Eugenio Granell conta con salas de superficies variables (ver foto) dedicadas principalmente a propostas expositivas e nas que, ocasionalmente, pódense levar a cabo outras actividades culturais.
Estas salas repartidas na Planta 2 con características diferentes, poden adaptarse á realización de todo tipo de eventos.
Ademais destas salas de exposicións, o museo conta tamén con outras dúas salas que, sendo de menor capacidade, pódense empregar para outro tipo de actividades como: cursos, obradoiros, presentacións de libros, performances…: a sala de didáctica e, unha sala especial chamada Lucernario, un prado no interior da Granell. “Sobre a nostalxia do antigo patio da Fundación Granell, naceu un novo espazo, unha creación aberta ao enxeño cultural e un lugar de sensacións onde relaxarse, meditar ou refrescar ideas”. Marcos Zacarías, arquitecto. Pode solicitar información para o aluguer de calquer outro espazo do museo.
TARIFAS DE ALUGUER
– Por acto (Considerando o acto ten unha duración inferior ás tres horas) dentro do horario do museo.
– 170 euros, prezo mínimo que variará en función das circunstancias adicionais ao acto (sala, horarios, aforo, material empregado…).
Para máis información:
administracion@fundacion-granell.org; secretaria@fundacion-granell.org
Tel. 981 572124 // 981 576394
Estas salas de exposicións atópanse na segunda planta do edificio, con aceso directo á terraza trátase das salas máis polivalentes do museo, ideais para calquer tipo de reunión, desfile, encontro, evento corporativo, social. Pódense alugar xuntas ou separadas, ideais combinadas con calquer outro espazo da segunda planta.
Situada na segunda planta do edificio, trátase dun dos espazos máis singularesey atractivos do Museo. É unha sala polivalente na que é posible realizar un cóctel, presentacións, rodas de prensa, entrega de premios, presentacións comerciais etc.
Pola súa ubicación é fácilmente combinable con algún outro espazo da segunda planta do museo.
Para realizar a súa solicitude de alugamento rechee o seguinte formulario:
Aviso Legal
“En cumprimento do establecido na L.O. 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, comunicámoslle que os datos que vostede nos facilite ficarán incorporados e serán tratados de xeito confidencial no ficheiro titularidade da FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL, denominado <ADMINISTRACIÓN XERAL> coa finalidade de xestión de recursos humanos. Para o exercicio dos seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e/ou oposición dos seus datos de carácter persoal deberá dirixirse ao seguinte enderezo: Praza do Toural, s/n (CP: 15705 – Santiago de Compostela, A CORUÑA)”