Didáctica no museo é un servizo que se crea na Fundación Eugenio Granell no ano 1997, coincidindo coa presentación da exposición do artista Esteban Francés. Desde entón ata hoxe prodúcense actividades arredor das diferentes mostras temporais, dende visitas guiadas a talleres nos que se reflexiona sobre as mostras, realizando diferentes exercicios de creatividade.
O obxectivo principal deste servizo é ofrecer ao visitante ou grupo unha completa información sobre as mostras, co fin de facilitar a comprensión das mesmas. Para isto se ofertan visitas guiadas a nivel individual, impartidas por estudantes de Historia da Arte en prácticas.
As visitas-taller están dirixidas a grupos que visiten o noso museo, previa cita, esta actividade sempre se realizará adecuándose as características diferentes dos grupos que as requiran.
Unha vez realizado o percorrido polas mostras, preséntanse actividades de reflexión que posteriormente plasmaranse en distintos exercicios plásticos.
Creouse un espazo habilitado especialmente para este uso, que moitas veces convértese en sala expositiva dos traballos realizados, en especial dos máis pequenos.
As visitas-taller -en galego, castelán- teñen unha duración aproximada de hora e media, e deben ser concertadas por teléfono.
Paralelamente a estas actividades, existen talleres temporais para público de diferentes idades. O obxectivo destes talleres é converter o museo nun espazo non só de conservación, investigación e exhibición de obras de arte, senón nun espazo de creación
O ciclo de talleres ten unha vocación multidisciplinar, impartiranse todo tipo de técnicas de creación plástica.
Existen, ademais talleres permanentes orientados ao público infantil, para a realización de proxectos específicos.
- As visitas teñen un custo de 1€ por asistente e o custo dos talleres tamén é de 1€ por alumno
- Horario de visitas-taller: Martes a Xoves de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.
- Os grupos escolares poden solicitar actividades a partir dos 6 anos.
- O número máximo de participantes aconsellable é de 25 alumnos.
- Os grupos deben ir acompañados de persoal docente.
- É importante a puntualidade dos grupos para o completo desenvolvemento da actividade.
Poden contactar con nós en :
981 576394 / 981 572124, en horario de mañá e de tarde, ou por e-mail: didactica@fundacion-granell.org