Pazo de Bendaña
A sede da Fundación é o Pazo de Bendaña. Un edificio que se relaciona co arquitecto Clemente Sarela e érguese a finais da primeira metade do século XVIII.
O Título de Marqués de Bendaña foi concedido polo rei Carlos II en 1692 a don Rodrigo Falcón de Ulloa e Rivadeneira.
A Ubicación.- O Pazo (Palacio) de Bendaña está ubicado na praza do Toural en pleno centro histórico compostelano. Considerada como a mais bela mansión de Compostela, érguese sobre un solar de planta irregular, oferecendo na súa fachada principal a esta praza e as laterais á rúa dó Vilar e a rúa Nova.
O Interior.- Comezando pola súa ampla entrada, a interior xira en torno á súa maxestosa e teatral escada que ocupa un espazo cuadrangular e de oco libre. A balaustrada e os peldaños inicianse en cantería para continuar en madeira.
Na planta superior -que se correspondería coa zona nobre do edifício- se podería atopar o grande salón, o comedor, a cociña e os cuartos da servidume. no exterior tres grandes balcóns voados, que repousan sobre ménsulas, adornados con variña plana roscada e con diferentes deseños.
A planta inferior viu alterada o seu ritmo de vans ao converterse en tragaluz unhas portas. Probabelmente neste andar se encontraban os gabinetes, cuartos de família e oratorio.
A Fachada.- A súa fachada principal disponse en corpos cunha distribución das súas vans totalmente simétrica, con alternancia xanela e porta-xanela excepto na súa porta central.
A fachada da rúa do Vilar divídese en tramos separados por pilastras, presentando cada un deles a mesma distribución, con balcóns de balaustre.
Na fachada da rúa Nova chama a atención a sinxela balaustrada construida sobre a única planta que aqui ten o pazo.
O Escudo.- O escudo do marquesado de Bendaña, que preside a fachada principal, está rodeado por unha orla cuidadosamente labrada, formada por cunchas, volutas, acantos e fitas.
Sobre o blasón, unha figura identificada como Atlas, sostén unha esfera sobre os seus ombros que alude á súa misión de suxeitar a bóveda celeste, de aí que nela aparezan tallados un sol e as estrelas.
Durante un período abondo longo este edifício albergou diferentes entidades da cidade, até que o seu destino se orientou cara a actividades culturais, como as que hoxe albergan as súas paredes, o Museo e a Fundación Eugenio Granell.