Home » Actividades » Colaboración coa Asociación “Fonte da Virxe”

Colaboración coa Asociación “Fonte da Virxe”

A saúde mental tamén vai contigo
Inauguración: 13 de decembro, ás 18.30 h.
A exposición permanecerá aberta ata o 20 de decembro

Con este título, a exposición fai referencia á campaña de sensibilización cos enfermos mentais que vai levar a cabo a Confederación Feafes en toda España.
Esta mostra consiste nunha proposta multidisciplinar que vai dende o traballo con cerámica ata o coiro, a encadernación, etc… Unhas obras realizadas no Centro de Rehabilitación e Centro Ocupacional da Asociación Fonte da Virxe de familiares e amigos dos enfermos mentais.
Esta asociación tenta achegar á cidadanía o traballo deste colectivo e o labor desenvolvido a prol da súa integración na sociedade, eliminando os atrancos existentes a nivel social e laboral.
A iniciativa forma parte das colaboracións que a Fundación Eugenio Granell está a realizar cos diferentes colectivos e grupos sociais da nosa cidade, no seu interese en achegar a cultura a tódolos recunchos da sociedade.