Home » Actividades » Libro por libro

Libro por libro

Luns 23 de abril
11-14h e de 16-19h
Tenda do Museo

Co motivo do Día Mundial do Libro, a Fundación Eugenio Granell organiza a actividade “Libro por Libro.”
Excepcionalmente a Fundación Eugenio Granell abre as portas da súa tenda o luns 23 de abril (de 11-14h a 16-19h) para acoller a actividade “Libro por libro.”

Esta proposta está dirixida a persoas e institucións que desexen cambiar os seus libros co stock ofrecido pola biblioteca da Fundación. A biblioteca conta nos seus fondos con libros duplicados (novos e usados) das áreas de cultura, arte, ciencias sociais e publicacións propias da Fundación, que serán facilitados ó público, co fin de trocalos por libros sobre o surrealismo, vangardas e arte étnica.

Para facilitar este intercambio pode consultarse a seleción de títulos que se ofrecerán o día 23 na páxina oficial de Facebook
www.facebook.com/fundacioneugeniogranell e no pdf que aparece a continuación.

Selección de libros. Consultar aqui.

Esta actividade complementaráse con un desconto do 50% en todos os libros e catálogos que están á venda na tenda da Fundación Eugenio Granell.