Home » Actividades » A miña peza favorita

A miña peza favorita

Iago Martínez
“Arquivo sonoro de Eugenio Granell”
Martes 23 de abril
20.00h

O vindeiro martes 23 de abril na Fundación Eugenio Granell terá lugar, ás 20.00h, unha nova edición da actividade “A miña peza favorita”, contando nesta ocasión coa presenza de Iago Martínez.
A Fundación retoma esta actividade iniciada en 1997, consistente en seleccionar unha peza de entre todas as que se atopan nas Coleccións da Fundación Eugenio Granell para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión dende unha perspectiva actual. Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación coma na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.
Nesta ocasión Iago Martínez analizará o arquivo sonoro de Eugenio Granell.
Iago Martínez (Vigo, 1979) é licenciado en Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela, é xornalista cultural e publica regularmente en El País, Rockdelux e ProTexta, ademais doutras reservas indias. Entre 2008 e 2011 exerceu no Xornal de Galicia, onde foi xefe de Cultura e coordinador dos suplementos Nós, Exit e Contexto.
O seu primeiro libro publicado foi Lois Pereiro. Vida e obra (Xerais, 2011), unha biografía do poeta. Como investigador ten publicado traballos sobre a obra xornalística de Carlos Casares, da que é compilador, e o tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación. No campo audiovisual escribiu e dirixiu xunto a Alexandre Cancelo o filme documental Contra a morte. Unha aproximación a Lois Pereiro, que se estreará ao longo deste ano.