Home » Actividades » Libro por libro

Libro por libro

Pequena feira de intercambio de libros de arte
23, 24 e 25 de abril
Horario: 11-14 e 16-19h
Biblioteca Fundación Eugenio Granell (3ª planta)

Desconto 50% en libros e catálogos da nosa tenda

Os vindeiros días 23, 24 e 25 de abril, a biblioteca da Fundación Eugenio Granell organiza a actividade ”Libro por libro”, consistente en que todos aqueles particulares e institucións que o desexen poderán intercambiar os seus libros por calquera dos que se atopan nos stocks de libros repetidos da Biblioteca da Fundación Granell. Asemade a Fundación Granell convida a calquera biblioteca interesada nesta iniciativa a participar connosco.
A filosofía da actividade pode resumirse no lema: “Alguén ten un libro que ti queres, alguén quere o libro que ti tes”.
Pola súa parte a biblioteca da Fundación Eugenio Granell conta con libros repetidos (novos e usados) dos eidos da arte, cultura, ciencias sociais, etc. así coma libros que edita a propia Fundación, que serán postos a disposición do público en xeral co fin de intercambialos por outros títulos das seguintes áreas temáticas: surrealismo, vangardas, e arte étnico..