
24 abril
20.00h
Entrada 15
AFORO LIMITADO
Reserva de entradas: 981 572124 // 981 576394 // secretaria@fundacion-granell.org
A Fundación Eugenio Granell presentará o mércores 24 de abril, ás 20.00h, na segunda planta do Pazo de Bendaña, un desfile de moda dos creadores de ALALÁ, os deseñadores composteláns Álex Regueiro e Alfredo Iglesias.
ALALÁ converteuse na primeira firma galega especializada no deseño e confección de vestidos xoia de alta costura, elaborados de maneira artesanal no seu atelier compostelán, poñendo en valor a excelente man de obra e a materia prima local. Álex Regueiro e Alfredo Iglesias, orgullosos das súas raíces galegas, unen a súa pasión pola moda, a beleza, o labor artesanal e o estilo no vestir.
ALALÁ presentará a súa colección de VESTIDOS XOIA 2014 neste desfile que terá como madriña a S.A.R. a princesa de Bulgaria, Carla Royo-Villanova, e contará con outros destacados invitados: realeza, socialités, empresarios, artistas, políticos e especialistas en moda.
O desfile virá precedido ás 19.00h dunha sesión de Photocall e ao final do mesmo ofrecerase un cóctel/viño.