Home » Actividades » Presentación de publicacións de Eugenio Fernández Granell

Presentación de publicacións de Eugenio Fernández Granell

Na Residencia de Estudiantes en Madrid, preséntanse o vindeiro 30 de setembro ás 19.30 horas dúas publicacións de Eugenio Fernández Granell: “Eugenio Granell. Correspondencia con sus camaradas del POUM (1936-1999)” e “Artículos políticos (1932- 1990)”.

O vindeiro día 30 de setembro, ás 19.30 da tarde presentaranse dúas novas publicacións na Residencia de Estudiantes de Madrid tendo como protagonista a figura de Eugenio Granell, que tivo unha especial relación coa institución. Ámbolos dous volumes son froito da investigación levada a cabo pola Directora da Fundación Granell, utilizando principalmente o arquivo privado do artista, ademáis de arquivos republicanos públicos e privados de Cataluña.
O acto será presentado por Natalia Fernández, Directora da Fundación Eugenio Granell e editora dos volumes. Contarase tamén coa presenza de dous membros da Directiva da Fundación Andreu Nin: José Manuel Vera, editor de numerosos libros relacionados co POUM e Pello Erdociain, quen prologou o volume Artículos políticos de Eugenio Granell. Ademáis contaremos cunha representación institucional da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da mán do escritor e biógrafo de Eugenio Granell, Carlos Arias. Por parte do Padroado da Fundación Granell, acompañaranos neste acto o co-presidente da Fundación e Alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo.  Lucía García de Carpi especialista na figura de Eugenio Granell, e a tamén patroa da Fundación Granell Mercedes Rosón concelleira do Concello de Santiago.
EUGENIO GRANELL: CORRESPONDENCIA CON SUS CAMARADAS DEL POUM Trátase dun compendio de correspondencia mantida entre Eugenio Granell e os seus camaradas do POUM dede o ano 1939, durante o seu primeiro exilio en Francia, ata os anos 90. O volume comprende un amplísimo período da súa biografía, na que a carta é un vehículo fundamental de comunicación e cohesión para un grupo de persoas, os militantes do POUM, lacerado pola diáspora. Ademáis de manter o grupo cohesionado e o partido activo, as cartas contribúen a manter vivo o debate intelectual. Un tema constante no amplo período cronolóxico que abarca o libro, é a defensa do ideario poumista contra os continuos ataques do estalinismo imperante. Esta selección de cartas, constitúen, ademáis, una sobrecolledora testemuña do que supón padecer a condición de exiliado, achegándonos dunha maneira reveladora ao carón humano de Eugenio Granell e dos seus camaradas de partido.
ARTÍCULOS POLÍTICOS DE EUGENIO GRANELL. É unha publicación que recolle unha selección de artigos de análise política firmados por Eugenio Granell, que abarca unha extensa franxa temporal comprendida entre o ano 1932- data na que Granell, á idade de 20 anos sorprende pola madurez do seu discurso político- e o 1987; o que da fe da importancia capital que a actividade política supuxo na vida do creador. Esta selección de artigos políticos, pretende achegarnos ao pensamento político de Eugenio Granell, coñecido fundamentalmente pola súa faceta como creador plástico e literario, e é testemuña da súa militancia incorruptible na esquerda trosquista e anti-estalinista . O volume crea un percorrido cronolóxico a través do pensamiento político de Eugenio Granell como militante organizado: desde os seus primeiros artigos no Soviet en 1932 – Izquierda Juvenil Comunista- e os publicados en Comunismo como membro integrante da ICE – Izquierda Comunista Española-, ata a periódica manifestación do seu pensamento político en publicacións do POUM como La Batalla – 1935- 1937-, ou outras publicacións políticas da República no exilio como La Nación ou España Libre. Tamén aparecen reseñados aqueles artigos que Granell firma en publicacións de diversa índole, coa intención sempre clara de non ceder na defensa dos seus ideais, como o demostran os artigos publicados no Diario 16 o no xornal El Mundo, durante os anos oitenta.
Información sobre as persoas que intervirán no acto de presentación dos libros de Eugenio Fernández Granell:
PELLO ERDOZIAIN Nado en Donostia en 1961. Enxenero Técnico Industrial. Vive e traballa en Barcelona. É membro do Padroado da Fundación Andreu Nin (Estado) e secretario da Fundació Andreu Nin (Catalunya). Autor da introducción dun dos libros de Eugenio Granell que se presenta: “Artículos políticos. 1932-1990” .
JUAN MANUEL VERA Economista e ensaista. Membro da Xunta Directiva da Fundación Andreu Nin. (Madrid) Preparou a edición de numerosos libros relacionados coa historia do POUM, entre eles obras de Julián Gorkin, Ignacio Iglesias, Wilebaldo Solano, Francesc de Cabo e Katia Landau. Forma parte do Consejo Editorial da revista de opinión progresista “Trasversales”. Autor de numerosos ensaios de filosofía e análise político. Especialista no pensamento do filósofo Cornelius Castoriadis e autor do primeiro libro sobre este autor publicado en castelán. Coautor entre outros libros de “La izquierda a la intemperie”, “Imaginación democrática y globalziación”, “Entre dos siglos”, “Pásalo, multitud en rebelión”, “La derecha furiosa” e “La Iglesia furiosa”
LUCÍA GARCÍA DE CARPI Membro do padroado da Fundación Eugenio Granell. Doutora en Filosofía e Letras (Sección de Historia da Arte) pola Universidade Complutense de Madrid e Profesora Titular do Departamento de Arte III (Contemporáneo) de dita Universidade. Especialista en arte do século XX, prestou unha atención especial ao estudo do surrealismo e a súa incidencia no contexto da vangarda española. Outro dos seus campos de investigación é a aportación dos artistas españois á renovación de artes escénicas, ao longo da centuria anterior. La Dra. García de Carpi conta con mais de medio centear de publicacións entre artigos, textos para catálogos, colaboracións en volumes colectivos e libros. Entre estos últimos destacan “La imagen de la mujer en la obra de Eugenio Granell”, Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela, 2004. Foi comisaria de exposicións como: El surrealismo en España, que producida polo Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid en 1994, itinerou á Kunsthalle de Düseldorf, Kunsthalle de Viena e Palazo Forti de Verona; “Esteban Francés 1913-1976”, Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela, 1997 e “El pintor Lamolla”, Museo Jaume Morera, Lérida, 1998.
CARLOS ARIAS IGLESIAS En representación do Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia Carlos Arias (Lugo, 1959) leva máis de trinta anos dedicados a escrita. Colaborou con diversos medios de comunicación, entre os que destacan a columna semanal que mantivo durante seis anos en El Correo gallego, e publicou textos de diversa natureza: en 1989, xunto con Xosé Luis Veiga, publican o “Manual básico de xadrez”, primeiro libro de xadrez en galego; en 1995 aparece O barco de seixo, en la editorial Novo Século, alcanzando con esta obra el Premio Camilo José Cela de Narrativa de 1991. Posteriormente saldrán a la luz la novela “Libro das capitulacións de Xulio Corveira Andrade” (Toxosoutos, 2003) e “Ríos que se abrazan” (Toxosoutos, 2008). Tamén é autor dunha biografía sobre o pintor surrealista Eugenio Granell (Xunta de Galicia, 2005) e do poemario “Dor da claridade” (Bubela, 2008). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago, traballou como redactor traductor na Consellería de Medio Rural entre 1992 e 1999, e como xefe da Sección de Asesoramento Lingüístico, da Dirección Xeral de Política Lingüística, entre 1999 e 2004. Actualmente ocupa a Sección de Publicacións da Consellería de Cultura.
Para máis información : Monse Cea prensagranell@yahoo.es / tlf. 981 572124 www.fundacion-granell.org