Home » Actividades » MARATON DE LECTURA

MARATON DE LECTURA

Edgar Allan Poe
27 de maio

Un ano máis a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura seguindo co seu obxectivo de fomentar a tarefa de apoio e promoción da literatura.
Este ano o Maratón estará dedicado ao escritor estadounidense Edgar Allan Poe do que celebramos o bicentenario do seu natalicio. Nado en Boston en 1809, é considerado como predecesor da moderna novela de misterio e policíaca. Este mestre do relato curto, de terror e misterio espertou un grande interese entre os surrealistas polas súas fantásticas historias e soe citarse como pioneiro do romanticismo, surrealismo e simbolismo. Nos seus 40 anos de vida adentrouse na exploración das entrañas da psique deixándonos un importante e influinte legado.
O mércores 27 de maio todo o que queira, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, poderá achegarse á Fundación a escoitar ou a participar lendo algúns fragmentos dos seus escritos.
Para facer máis doada a organización do acto, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.
Queremos aproveitar esta ocasión para agradecer unha vez máis a vosa participación nos maratóns de anos anteriores e animarvos a intervir un ano mais.