
Pequena feira de cambio de libros de arte
19 e 20 de maio
Biblioteca da Fundación Eugenio Granell
Dentro das actividades da semana dos Museos a biblioteca da Fundación Eugenio Granell presenta a súa actividade: LIBRO por LIBRO: pequena feira de cambio de libros de arte.
Os vindeiros 19 e 20 de maio, a biblioteca da Fundación organiza a actividade: Libro por Libro.
Os particulares e institucións que queiran cambiar os seus libros polos stocks ofrecidos, deberán achegarse ao Pazo de Bendaña.
Esta actividade completarase no foro da páxina web da Fundación dende o día 11 ata o 20 de maio.
Intercambie os seus libros por libros da biblioteca da Fundación Eugenio Granell. Alguén ten un libro que vostede quere, alguén quere o libro que vostede ten.
A biblioteca da Fundación Eugenio Granell conta con libros repetidos (novos e usados) nas áreas de: arte, cultura, ciencias sociais, e libros que edita a propia Fundación, que se poñerán a disposición do público en xeral coa finalidade de intercambialos por outros títulos das seguintes áreas temáticas: surrealismo, vangardas, arte étnico.
O foro da páxina web da fundación servirá de plataforma virtual para colgar unha selección dos títulos ofrecidos co fin de que os interesados poidan consultar o listado e incluso iniciar o trueque.
O intercambio real dos libros realizarase durante o mercadillo na Fundación Eugenio Granell.
Calquera biblioteca de arte que se anime a participar será benvida.
VOLVER A PÁXINA INICIO E ACCEDER AO FORO