Home » Actividades » Obradoiro: Aprende a debuxar na Fundación Eugenio Granell

Obradoiro: Aprende a debuxar na Fundación Eugenio Granell

Destinada a nenos entre os 8 e 12 anos.
Terá lugar os días: 25, 27 de abril, 9, 11, 16, 23, 25 e 30 de maio, 1 e 6 de xuño.
Horario: 19.00 a 20.30 horas.
Precio por participante: 30 €

O próximo 25 de abril dará comezo na Fundación Eugenio Granell un novo taller, “Aprende a debuxar cómics.” Un curso impartido polo artista compostelán Santi Jímenez, licenciado en Belas Artes na facultade de Pontevedra, pretende abrir o campo artístico do cómic ós máis cativos. O traballo de Santi Jiménez representa perfectamente o cambio de facianas da nova xeración de artistas galegos saídos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Presente en colectivas como o Premio Auditorio de Galicia (accesit), Primeiro premio Deputación de Ourense 2006 ou “Libro de artista” na Fundación Granell, colabora habitualmente coa galería Espazo 48 de Santiago, onde participou en varias exposicións.
Trátase dun curso didáctico e ameno para descubrir e profundizar nos secretos do debuxo de cómic. Potenciarase a creatividade persoal respectando a liberdade de cada alumno-a, e transmitíndolle pequenos fundamentos do que é este tipo de linguaxe e como se crea.
A idea destas xornadas nace no mesmo seo da sociedade consumidora de imaxes, asemade inspiradora da creación do artista, na cal a publicidade e o deseño gráfico teñen un posto relevante.
Este curso pretende polo tanto ensinar como se crea este tipo de debuxo, achegando as técnicas e procesos de creación pero sempre salvagardando a expresión imaxinativa dos participantes.
Para máis información: didactica@fundacion-granell.org
Teléfono: 981-57 21 24/ 981 57 63 94