Home » Actividades » Valle Inclán en Compostela

Valle Inclán en Compostela

Xuño 2007
Programa de actos organizado pola Fundación Eugenio Granell en colaboración co Museo Vallé-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Calendario de actividades
. Mércores 6 de xuño ás 19.30 horas
Apertura: Abriremos o programa de actividades de xuño coa lectura de textos sobre o autor desde o nobre balcón do Pazo de Bendaña, sede da Fundación Eugenio Granell e coa inauguración da exposición monográfica sobre o creador.
Exposición: Valle en Compostela Poderán verse imaxes fotográficas do autor relacionadas coa súa estancia en Compostela, e parte do epistolario que Valle-Inclán mantivo a mediados dos anos trinta- a última da súa vida- con Azaña; documentos que dan testemuña da súa relación con intelectuais galegos coetáneos como Castelao, ou pezas feitas por artistas da vangarda galega en homenaxe ó autor – como as creacións de Seoane ou Isaac Díaz Pardo.
. Martes 12 de xuño ás 19.30 horas.
Conferencia: D. Xosé Manuel López Vázquez impartirá a conferencia: Valle Inclán e a arte galega do seu tempo.
. Mércores 13 de xuño ás 19.30 horas
Percorrido polos lugares composteláns de Valle: Fundación Torrente Ballester en Compostela, antiga librería Galí,  igrexa de Salomé,  Teatro Principal, restaurante O Asesino, cafetería Derby e rematará no antigo emprazamento correspondente á clínica do Dr.Villar Iglesias.
. Mércores 13 de xuño ás 19.30 horas.
O Valle republicano: na Fundación Granell, procederase á lectura de parte da correspondencia sostida entre Valle- Inclán e Azaña no ano 1935. A continuación os actores e autores teatrais Rebeca Montero e Roberto Leal ofrecerán unha creación que ten como base textual o devandito epistolario, a mais dunha escolla de fragmentos da súa obra literaria.
. Xoves 21 de xuño ás 19.30 horas
Valle-Inclán e a prensa: na Fundación Granell, recoñecidos profesionais da comunicación galega achegarannos á faceta de Valle- Inclán como xornalista.
. Mércores 27 ás 17.30 hora
Peche: no compostelá cemiterio de Boisaca renderase unha homenaxe coa lectura de textos sobre Valle escritos polo autor García Sabell, e polo poeta Abella.
Consultar o folleto