5 de outubro – 6 de novembro, 2006
Ciclo: Xoves poéticas surrealistas
Este ciclo está orientado a aqueles/as xoves creadores/as que utilicen como eixo fundamental da súa obra, procedementos, técnicas… que poidan supoñer unha reinterpretación do corpus estético surrealista. Así, María Chenut utiliza técnicas, procedementos, e ideas estéticas propias da poética surrealista como a busca do marabilloso, o obxecto atopado, o colaxe….
A mais da súa achega á estética surrealista, é característico do seu traballo unha ollada profundamente pictórica de todo o que lle rodea, concretada na valoración das texturas das superficies, e na importancia concedida á cor e ó xesto como pegada da acción humana. Utiliza tamén recursos estéticos asociados á arte de mulleres como técnicas de costura, uso de materiais do mundo téxtil, e utilización de materiais que denotan a presenza física do seu corpo como a utilización de cabelo.
A exposición esta composta por unha trintena de pezas, todas en soporte fotográfico, de diferentes formatos, onde o tamaño é moi importante para a realización de xogos de escala.