Home » Actividades culturais

Actividades culturais

O Museo, no seu desexo de se converter nun lugar de promoción e criación cultural, organizou desde o seu início, actividades culturais que tiveron moi boa acollida por parte do público. Ademais de concertos, ciclos de cine, performances, recitais de poesia, conferencias, maratóns de lectura que contaron coa participación de diversos colectivos, colexios, institutos e particulares e que desde o ano 98 se repetiron tódolos anos, hai que destacar outras actividades relacionadas directamente coa temática das exposicións. Asi se fixeron diversas representacións teatrais. A primeira deu a coñecer a obra de Eugenio Granell “A Cámara Negra” que se estreou coa exposición “Granell e o teatro” comisariada por Javier Navarro de Zuvillaga. O grupo Minerva dirixido por Roberto Leal, Tacón Teatro por Socorro Vedo e Tangatutanga por Beatriz Bravo colaboraron na realización deste tipo de representacións nas que existe unha indiscutibel conexión entre texto e temática expositiva e nas que o escenario o constituiu o propio espazo do Museo.

No ano 2000 se celebrou o Congreso Internacional de Surrealismo. Homenaxe a Eugenio Granell no que participaron importantes personalidades relacionadas co mundo da arte (profesores, críticos, artistas…). E no 2006 celebramos o Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell no que especialistas en diferentes materias abordaron o estudio das diversas facetas nas que destacou este polifacético artista.


A MIÑA PEZA FAVORITA

Martes 4 abril 19.30h Intervén: Juan de la Colina O vindeiro martes 4 de abril, ás 19:30 h, na Fundación Eugenio Granell terá lugar unha nova edición da actividade A…

CHARLAS BIBLIOTECA

A Fundación Eugenio Granell e o Colexio de Arquitectos de Galicia, Delegación de Santiago de Compostela, organizan as: Xornadas de Arquitectura e Literatura. PÁXINA PAR: A lectura dos arquitectos O…

REVISTA GRIAL

Martes 21 febreiro 19.00h O vindeiro, martes 21 de febreiro, ás 19.00h terá lugar na Fundación Eugenio Granell a presentación GRIAL 212 Participan: Dolores Vilavedra, Germán Labrador, Antonio Miguez, Lourenzo…

CORTÁZAR GALICIA

Audiovisual dirixido por Juan de la Colina Martes 14 febreiro 19.30h A Fundación Eugenio Granell presenta o vindeiro, martes 14 de febreiro, ás 19.30h o audiovisual CORTÁZAR GALICIA. As cartas…

MICRO MUNDOS 1:20

26 xaneiro – 1 marzo, 2017 Sala Lucernario. Segunda planta A Fundación Eugenio Granell inaugura o vindeiro 26 de xaneiro de 2017, ás 20:00 horas, na Sala Lucernario,a exposición: MICRO…

III Edición COLECCIONAMOS 2016

Visita o noso facebook!! . PROXECTO DE DIFUSIÓN DOS FONDOS ARTÍSTICOS DA FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL que actualmente non se atopan en exposición. Unha experiencia colaborativa dirixida a todo o público interesado…