"Granell de neno en Compostela"
Entrega de premios: 20 decembro, ás 18.00h.
Exposición: 20 decembro 2018 ao 13 xaneiro 2019
Premios cedidos por Tórculo
A Fundación Eugenio Granell convoca o XV Certame de Arte Escolar Eugenio Granell "Granell de neno en Compostela".
BASES
1. A finalidade do Certame é impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademáis dos premios que conceda o xurado, a Fundación organiza unha exposición, do 20 de decembro de 2018 ao 13 de xaneiro de 2019, coas obras presentadas ao concurso.
2. Poderán concurrir a este Certame tódolos escolares residentes en Galicia de idades comprendidas entre 3 e 5 anos, e entre 6 e 12 anos.
3. O xurado, outorgará os 7 seguintes premios por especialidade.
. Debuxo . Pintura . Colaxe . Escultura (construción) . Fotografía . Un único premio especial para os nenos entre 3 e 5 anos . Premio do público
Ditos premios serán cedidos por Tórculo.
4. Este XV Certame de Arte Escolar Eugenio Granell, terá como tema o Granell de neno en Compostela, tendo como eixe principal a exposición: Granell, principios anos 20 que se pode visitar na segunda planta do Museo.
5. Cada autor poderá participar cunha obra de cada categoría, como máximo, e as súas dimensións non poderán ser superiores a 100 x 100 cm. Non se admitirán as obras protexidas con cristal.
6. As obras deberán presentarse polo autor ou persoa en quen delegue, na Fundación Eugenio Granell, Pazo de Bendaña, Praza do Toural, Santiago de Compostela indicando que son para o XV Certame de Arte Escolar Eugenio Granell. Terán que ir asinadas no dorso das mesmas e, no caso dos nenos de 3 a 5 anos, especificar a idade. Nun sobre pechado adherido á obra, figurarán os seguintes datos:
– Nome e apelidos do participante
– Idade
– Teléfono de contacto do centro de ensino ou persoal no caso dos participantes individuais
– Título da obra (se procede)
– Colexio
– Nome do profesor ou reponsable
Para facilitar a entrega, as/os profesores poden presentar de maneira conxunta os traballos do alumnado. Só se abrirán os sobres das obras premiadas.
7. O prazo de admisión será do 4 ao 17 de decembro no seguinte horario: de martes a venres de 12.00 a 14.00 h, e de 17.00 a 20.00 h.
8. O xurado, que estará formado polos membros que no seu día se designen, seleccionará as obras, que axustándose ás bases, considere apropiadas. O xurado está facultado para conceder os premios establecidos na Base 3ª, podendo declarar deserto calquera deles. Tódalas súas decisións serán inapelables. A Fundación Eugenio Granell resérvase o dereito a substituir algún dos seus membros no caso de necesidade.
9. A entrega de premios celebrarase na sede da Fundación, o 20 de decembro, ás 18.00 horas.
10. As obras premiadas pasarán a formar parte dos fondos da Área Didáctica da Fundación Eugenio Granell.
11. A retirada das obras efectuarase na sede da Fundación –para o que se deberá presentar o correspondente resgardo–. As obras de escolares da mesma aula que se entregaron todas xuntas, devolveranse da mesma forma á persoa responsable que as depositara, incluindo os sobres pechados dos datos persoais. Transcorrido o prazo dun mes, estimarase que o autor renuncia a todo dereito sobre a obra presentada, podendo dispor a Fundación o que considere oportuno.
12. As/os gañadores cederán os dereitos de autor co fin de editar postais que reproduzan as súas obras.
13. Os autores premiados autorizan á Fundación Eugenio Granell a reprodución, comunicación pública e distribución das súas obras por cualquera medio de comunicación e internet.
14. A Fundación Eugenio Granell declina toda responsabilidade por perda, roubo, incendio ou cualquera outra causa de forza maior que poida ocorrer sobre as obras presentadas ao Certame, así como sobre os danos que poidan sufrir nos actos de recepción e devolución e no tempo que estean baixo a súa custodia. Non se suscribirá póliza de seguro que cubra tales riscos.
15. A participación neste Certame supón a aceptación por parte dos autores do contido destas bases, así como a renuncia a cualquera reclamación legal.
16. Os datos facilitados polos gañadores quedarán incorporados e trataranse de forma confidencial nun ficheiro chamado "ÁREA DIDÁCTICA" coa finalidade de xestionar e dar publicidade ao concurso de arte infantil, polo que necesitaremos o consentemento dos pais ou titores para o tratamento de ditos datos cando a obra resulte premiada. Para o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e/ou oposición de ditos datos, deberán dirixirse ao seguinte enderezo: Fundación Eugenio Granell. Pazo de Bendaña. Praza do Toural, s/n (CP 15705 – Santiago de Compostela, A Coruña).
VER FOLLETO BASES