Home » Actividades » ANIVERSARIO EUGENIO GRANELL

ANIVERSARIO EUGENIO GRANELL

28 e 29 de novembro

A Fundación Eugenio Granell, como ven sendo habitual dende fai uns anos, organiza na última semana do mes de novembro, diferentes actos e actividades para conmemorar o Aniversario de Eugenio Granell, nado o 28 de novembro de 1912.

. Este ano, as xornadas de portas abertas, terán lugar o mércores 28 e o xoves 29 de novembro

. O martes 27 de novembro, ás 19:00 h,  como complemento da mostra: Eugenio Granell e Esteban Vicente. Construcións e Toys, que poidemos visitar, na primeira planta do Museo, do 28 de xuño ao 16 de setembro, terá lugar a conferencia:
Xoguetes: Os talismans da arte moderna, que impartirá o doutor en Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid, Javier Arnaldo.
Esta actividade realízase grazas á colaboración da Consellería de Cultura e Educación a través da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

. O mércores 28, ás 19.00 h. terá lugar unha nova entrega da actividade A Miña Peza Favorita. Neste caso a cargo do investigador Leonel García Laborde, que se centrará nos recursos e rasgos das Artes Escénicas que están presentes na obra de Granell.