Home » Actividades » Bufanda Valle Inclán

Bufanda Valle Inclán

Mércores 7 marzo
11.30h
Estatua Valle Inclán
Alameda de Santiago de Compostela

A Fundación Eugenio Granell convídao/a (a vostede) ao acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán na Alameda de Santiago de Compostela, o vindeiro mércores 7 marzo, ás 11.30 horas.

Este acto, que ven realizando a Fundación Eugenio Granell desde o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán, no paseo de Recoletos, en Madrid, o día do teatro; pero neste caso para conmemorar o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galiza, a súa terra de orixe.
Para a realización do acto contaremos, como tódolos anos, coa inestimable colaboración do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.