Home » Actividades » ESA MULLER. Mar Ramón Soriano

ESA MULLER. Mar Ramón Soriano

1 de marzo a 8 de abril
Sala de Didáctica

 

A Fundación Granell inaugurará o vindeiro xoves, 1 de marzo, ás 20:00 horas, a exposición Esa muller de Mar Ramón Soriano. A mostra comisariada por Eduardo Valiña permanecerá aberta ata o 8 de abril.

Mar Ramón Soriano (Valencia, 1993) está a realizar o doutoramento en Belas Artes tras cursar o Máster en arte, creación e investigación na Universidade de Vigo. Participou en diversas exposicións coma Novos Valores en Pontevedra (2013, 2016 y 2017), 9º premio Auditorio de Galicia para novos artistas, Xuventude Crea na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (2016),  Alén dos xéneros no Marco de Vigo e no Auditorio de Galicia (2017) 
A artista recibiu no 2016 o 2º premio de artes plásticas, Xuventude Crea. Tamén participou en residencias artísticas no V Encontro de artistas novos en CDC, Santiago de Compostela (2015) e no Estudio Aberto #5  en MPL,  Lugo (2016)

Esta mostra forma parte do proxecto respaldado pola axuda Injuve para a Creación Joven 2017-2018. Mar Ramón reflexiona sobre a humillación que se fai da libre sexualidade feminina, en relación ó caso Lewinsky, un fenómeno que aconteceu fai 20 anos e que non dista moito do contexto actual. Este caso supuxo unha revolución na moral social e política americana. Monica Lewinsky foi calificada de adúltera polos republicanos mentres os demócratas culpabána de por en perigo ó presidente. O propio Bill Clinton referiuse a ela coma “Esa Muller.”, verbas que dan título á exposición.
A mostra componse dunha coleción de xogos de azar desprovistos da súa función ó estaren realizados en cerámica. Estas pezas teñen unha clara referencia á sexualidade, o material se relaciona co corpo humano e a fraxilidade. A mostra complétase cunha serie de retratos de personas vinculadas ó caso Lewinsky.