
28 / 09 / 2011. 18:00 19:15 | 19:45 21:00h.
Rosario Mascato. Rosas de Oriente e Occidente: unha mirada sobre a obra e a figura de Valle-Inclán.
30 / 09 / 2011 19:30h.
Camilo Franco. O tempo presente: a ollada do esperpento. Unha aproximación á historia das interpretacións da obra teatral de Valle-Inclán.
Rosario Mascato, investigadora da Cátedra Valle-Inclán da U.S.C deseña este cursiño cunha forma eminentemente didáctica, idónea para todo tipo de públicos. Unha iniciativa da Fundación Eugenio Ganell que ten como obxectivo achegar a obra de Valle, escurecida polo franquismo e esquecida fóra do ámbito académico, ao tempo actual. Trataranse aspectos fundamentais sobre Valle-Inclán e a súa obra.
Camilo Franco, reputado escritor e crítico teatral, impartirá a charla: O tempo presente: a ollada do esperpento. Unha aproximación á historia das interpretacións da obra teatral de Valle-Inclán. En palabras do escritor: O que no primeiro terzo do século XX foi considerado esperpento, hoxe podería ser considerado realismo. O teatro de Valle non cambiou, pero o mundo si. E co mundo cambiou a mirada dos espectadores. Os xeitos de ver da contemporaneidade foron aproximándose aos xeitos de enfocar de Valle.