21 setembro
12.00 horas
Presentación de “Correspondencia con José Rubia Barcia. Almas gemelas (1940-1993)” e “Umbral de sueños”.
Presentación do epistolario de Granell e Rubia Barcia Correspondencia con José Rubia. Almas gemelas (1940 1993), a cargo do prologuista da publicación Javier Herrera, Doutor en Historia da arte e Director da Biblioteca da Filmoteca Nacional. Volume editado por Natalia Fernández Segarra, Directora da Fundación Granell.
Presentación da edición facsimilar do volume Umbral de sueños, editado por Anthropos en 1985 escrito por Rubia Barcia e ilustrado por Granell, da man do Catedrático da USC Claudio Rodríguez Fer.