Home » Actividades » TALLER DE TEATRO LIDO PARA ADULTOS

TALLER DE TEATRO LIDO PARA ADULTOS

Imaxe: Taller de teatro lido para adultos

Impartido por Manuela Díaz Abreu

  • Meses: marzo, abril, maio, xuño.
  • Día: tódolos martes
  • Horario: 18.30h a 19.30h

Designarase a cada alumno un personaxe da obra de teatro a traballar.
A través dos encontros irase avanzando na construción de cada personaxe ate completar a experiencia da creación do mesmo e logo mergullarse no xogo co resto de compañeiros, converténdose nunha actividade totalmente lúdica.
Obxectivos: Disparar a imaxinación e embarcarse nunha experiencia de grupo divertida onde poder soltar o personaxe social e xogar a ser outros por un rato.

Manuela Díaz: actriz arxentina e profesora de teatro. Actualmente forma parte do proxecto Ola Hello O Musical. Desde hai máis de 15 anos organizou os seus propios Talleres de Teatro en diversos Espazos Culturais, Estudos de Teatro entre Bos Aires e Madrid.