Home » Actividades » TALLER DE MONTAXE DE OBRA

TALLER DE MONTAXE DE OBRA

Imaxe: Taller de montaxe de obra

Impartido por Manuela Díaz Abreu

  • Meses: marzo, abril, maio, xuño.
  • Día: Tódolos martes
  • Horario: 17.00h a 18.30h

O taller de montaxe teatral está dirixido a persoas que desexen representar unha obra de teatro, sen importar se teñen experiencia ou non. Traballaremos sobre a posta en escena dunha comedia de teatro, ensaiaremos as escenas por separado e a creación dos seus personaxes. Para completar a experiencia representaremos a obra ante o público ao finalizar os encontros.

Manuela Díaz: actriz arxentina e profesora de teatro. Actualmente forma parte do proxecto Ola Hello O Musical. Desde hai máis de 15 anos organizou os seus propios Talleres de Teatro en diversos Espazos Culturais, Estudos de Teatro entre Bos Aires e Madrid.