Saltar ao contido
Home » Exposicións » PAÍSES VIVIDOS E VISITADOS POR AMPARO E EUGENIO. FONDOS DA FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL

PAÍSES VIVIDOS E VISITADOS POR AMPARO E EUGENIO. FONDOS DA FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL

    Fotografía: Países vividos e visitados por Amparo e Eugenio

    Xoves, 16 de Setembro
    Sala 1. Segunda planta

    Este xoves, 16 de setembro, a Fundación Eugenio Granell abre unha nova mostra Países vividos e visitados por Amparo e Eugenio. Fondos da Fundación Eugenio Granell , na Sala 1 da segunda planta do Museo.

    A mostra abrirá ao público ás 11.00h e poderase visitar de balde todo o día en horario de museo: 11.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h.

    É unha exposición que mostra parte dos fondos étnicos da Fundación Eugenio Granell. A Sala I é unha extensión da exposición que pode verse nas Salas 2 e 3 da segunda planta do Museo Granell, a que animamos tamén a visitar: Granell, 46 anos de exilio, as súas causas e a importancia da Amizade (1939-1985).