Home » Exposicións » O MEDIO AMBIENTE E SANTIAGO DE COMPOSTELA. JO REDPATH “DE ISOLINA E OUTRAS COUSAS”. REINA D’HOORE “MATRIA”.

O MEDIO AMBIENTE E SANTIAGO DE COMPOSTELA. JO REDPATH “DE ISOLINA E OUTRAS COUSAS”. REINA D’HOORE “MATRIA”.

Fotografía: O Medio Ambiente e Santiago de Compostela

5 Outubro – 5 Decembro 2021
Salas 4 e 5. Primeira planta.

A exposición “O Medio Ambiente e Santiago de Compostela” que abriuse ao público o 5 de outubro, nas salas 4 e 5 da primeira planta do Museo, xira arredor do importantísimo tema do Medio Ambiente.
Este ano centrarémonos en cómo o Medio Ambiente e os cambios que estamos a sufrir afectan a Santiago de Compostela e a nosa vida na capital de Galicia.
Granell mostra, nos seus arquivos e diversos escritos, que tiña conciencia e interese no poder da natureza e na súa importancia, ademáis da paixón por diversos animais, entre os que destacan, as especies autóctonas da súa querida Galicia.
A exposición que se mostra na Sala 4, comisariada por Natalia Fernández Segarra, está formada por unha selección de obras de Eugenio Granell que pertencen aos fondos da Fundación, ASI COMO TEXTOS DE GRANELL.
Os Surrealistas xa fai anos comezaron a utilizar o “obxecto encontrado” como obra de arte. Está o coñecido urinario de Marcel Duchamp que, no 1917, o artista titulou “La fuente”. Nesta Sala 4 expoñemos a rama encontrada por Granell e que el título “Bailarina de Cádiz”.
Na Sala 5 mostrase a obra de duas artistas de gran capacidade inventiva: Reina D’Hoore e Jo Redpath. Ambas utilizan materiais encontrados na natureza levando a cabo creacións imaxinativas e, dende logo, diferentes do usual.

Natalia Fernández Segarra

A exposición realizase coa colaboración e o apoio de VIAQUA.