Home » Exposicións » BELEZA E CREATIVIDADE EN PEREGRINACIÓN

BELEZA E CREATIVIDADE EN PEREGRINACIÓN

15 ao 22 maio 11.00 a 20.00h 22 de maio de 11.00 a 14.00h Salas 3,4 e Philip West. Primeira planta Salas 1, Didáctica e Lucernario.Segunda planta  

Exposición de 170 artistas xaponeses actuáis xunto ás obras do mestre do surrealismo Eugenio Granell.

Organizadora:             Editorial xaponesa Qualiart
Co-organizadora:        Fundación Eugenio Granell
Colaboradora:             Asociación Casa Galicia Xapón

 

Palabras do Presidente da editorial xaponesa Qualiart,  Sr. Hidetoshi Kushida:
En 1868 Xapón e España firmaron o Tratado de Amizade, Comercio e Navegación, e desde aquela, mantiveron unha relación amigable ate o día de hoxe. En 2018 celebraron o 150 aniversario do establecemento das relacións diplomáticas entre Xapón e España.

Desde que asinaron o acordo, comezáronse a recuperar as relacións diplomáticas despois de máis de dous séculos do peche do país. Os xaponeses da nova era: Época Meiji, elexiron España dentro de Europa como lugar para desenvolver novos intercambios e ter como exemplo a seguir e da que aprender en varios campos.  

Por outro lado, España desenvolveu o seu papel como catalizador para transmitir a variedade da cultura europea por medio do Camiño de Santiago recoñecido como o Primeiro Itinerario Cultural Europeo, e tamén, traballou moito no desenvolvemento da arte relixiosa. En épocas modernas e contemporáneas, os grandes artistas, desde Goya hasta Picasso, influíron moito no mundo artístico chegando ate o extremo oriente, a Xapón. 

Nas rutas do Camiño de Santiago, no tramo aragonés do Camiño Francés encóntrase o lugar de Javier onde naceu o misioneiro xesuíta Francisco de ­Javier quen introduxo en Xapón o cristianismo e a cultura occidental. O Camiño da Peregrinación trouxo de agasallo, non so o cristianismo, senón tamén, a cultura e a arte occidental ao extremo oriente, a Xapón.

Polo tanto, en 2019 quixeramos mostrar a nosa admiración á cultura Española, e dende logo, tamén, ao grande artista e xenio do surrealismo español e galego, Eugenio Granell. Comprácenos festexar esta exposición na sede da Fundación Eugenio Granell en Santiago de Compostela, unha cidade sacra e de Patrimonio da Humanidade.

Esperamos que esta exposición una Galicia-España, no extremo occidente, con Xapón, no extremo oriente, e cree un novo camiño da arte.