
18 xuño – 20 outubro Salas 4 e 5 e Sala Philip West. Primeira planta
Esta grande exposición é unha homenaxe a Jacques Lacomblez (Bruselas, 1934), unha importante testemuña e participante da aventura surrealista da posguerra en Bélxica e no mundo, cuxo traballo aínda está en evolución.Ocupa un piso enteiro da sede da Fundación e exhibe oitenta obras desde 1953 ata 2017 da colección propia do artista e de coleccionistas e amigos, así como moitas raras edicións das súas coleccións poéticas e diversos documentos. Tamén se proxecta unha película que LudovicTac fixo sobre o artista en 2014.
Con motivo desta exposición, publicarase unha monografía en francés sobre Jacques Lacomblez, Un jardin universel, nas edicións de Grand Tamanoir, con prólogo de Gérard Durozoi, un dos grandes especialistas do surrealismo, xunto con moitos textos escritos por amigos e testemuñas de Lacomblez.