Home » Actividades » MARATÓN DE LECTURA

MARATÓN DE LECTURA

Dedicado a Manuel Antonio
Mércores 31 maio

11.00 a 14.00h
17.00 a 20.00h

Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura que terá lugar o mércores 31 de maio.
O maratón de lectura estará dedicado, nesta ocasión, a Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930), o poeta vangardista máis orixinal da literatura galega, cun único libro publicado en vida, De catro a catro. Follas d'un diario d'abordo (1928), “uno de los más altos testimonios de la poesía gallega”, como comenta Eugenio Granell no seu libro Memorias de Compostela. Visión orlada por estrellas, islas, árboles y antorchas, editado pola Fundación Eugenio Granell, no 2006. Di Granell: “Yo fui amigo suyo entre 1924-28.”. “Para mí, siete u ocho años más joven que ese gran poeta, eran un especie de fiestas mis paseos vespertinos con él…”. “La originalidad de la poesía de Manuel Antonio fue exaltada por cuantos conocieron al poeta.”.

Como todos os anos poderedes achegarvos ao Museo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, a escoitar ou a participar lendo algún fragmento da obra do escritor seleccionado.

Para facer máis doada a organización do acto, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.