Home » Exposicións » EUGENIO GRANELL. O ENCANTO DE TODAS AS MULLERES

EUGENIO GRANELL. O ENCANTO DE TODAS AS MULLERES

16 marzo, 2016 – 5 marzo, 2017 Salas 2 e 3. Segundo andar

A exposición Eugenio Granell. O encanto de todas as mulleres comisariada por Natalia Fernández Segarra poderase visitar nas salas 2 e 3 da segunda planta da Fundación Eugenio Granell ate finais de ano.

Para esta exposición, O encanto de todas as mulleres mirei debuxos que, ao longo dos anos o meu pai, Granell, foime regalando. Atopei retratos da miña nai, Amparo, pero, o que máis me chamou a atención foron as obras, principalmente sobre papel, de mulleres en momentos domésticos ou nalgunha actividade física, mulleres en acción, mulleres que voan, mulleres resolvendo problemas. Estes debuxos abarcan, principalmente os anos 1941-1945, anos nos que Granell iniciouse na pintura e no surrealismo. Como pódese ver nesta exposición tamén dedicouse a súa nova vida na República Dominicana como esposo e pai. É importante ler a carta que no 1956 escribiu ao seu amigo José Rubia Barcia sobre o matrimonio. Meu pai foi un personaxe único: sempre defensor das causas polas que loitou e arriscou a súa vida en varias ocasións: a liberdade, a ética. Un pesonaxe amigo dos seus amigos. Granell sabía escoitar, á vez que era un gran conversador. Persoa digna de valorar e de servir coma exemplo.
Natalia Fernández Segarra
Directora e comisaria da exposición


“Benquerido Barcia: Xa sei polos amigos que tes unha familia estupenda, cuns nenos marabillosos. E non podes imaxinar o que isto me alegra. Resulta que despois de pasarse reprobando contra esa institución dúas xeracións enteiras, ao final, entre a quebra de tantas e tan tremendas cousas, unha familia é algo de máximo valor. Sen ela, non sei como poderíase nen sequera dialogar –se é que isto xa non é case todo- nin loitar, nin poder pasar tantas cousas, e, principalmente, cómo diaños ter esperanzas de que e para que.” (Carta de Nova Iorque do 30 de outubro de 1956).