Home » Exposicións » 80 anos. Santiago 1936

80 anos. Santiago 1936

7 xullo – 25 setembro Salas 4 e 5. Primeira Planta



A cidade de Santiago de Compostela e a súa cidadanía viviu no mes de xullo de 1936 o Golpe de Estado do que se cumpren 80 anos en xullo de 2016.
Dende a mirada de hoxe, cómpre achegarse ao que foron aquelas xornadas de xullo en que se removeu violentamente ao goberno municipal das súas funcións e a legalidade vixente quedou anulada, para establecer un novo poder baseado na coacción e a violencia.
A idea central da exposición é amosar como a cidadanía de Compostela viviu aquela experiencia, empregando todo tipo de recursos visuais, gráficos e escritos, que permitan dun xeito didáctico e ameno dar a coñecer aos veciños e visitantes as distintas facianas dun momento histórico e transcendente.

Comisariado: Lourenzo Fernández Prieto, Gustavo Hervella García, Alfonso Mato Domínguez, Antonio Miguez Macho, Dolores Vilavedra Fernández.
Produción: HISTAGRA-USC, Concello de Santiago de Compostela.