Home » Exposicións » EUGENIO GRANELL EN MOVEMENTO

EUGENIO GRANELL EN MOVEMENTO

Fin de partida: Duchamp, el ajedrez y las vanguardias 29 de octubre de 2016 ao 20 de xaneiro do 2017 Fundación Joan Miró. Barcelona  

 A exposición Fin de partida: Duchamp, el ajedrez y las vanguardias que se poderá visitar a partires do vindeiro 29 de outubro, na Fundación Joan Miró de Barcelona e comisariada por Manuel Segade, contará entre a súa selección de obra, cunha fotografía pertencente aos fondos do Arquivo fotográfico da Fundación Eugenio Granell:
Marcel Duchamp jugando al ajedrez en su estudio de Nueva York, ca 1958 do fotógrafo: Arnold Rosenberg

Más información en http://www.fmirobcn.org/exposiciones/5708/fin-de-partida-duchamp-el-ajedrez-y-las-vanguardias 

 

. Centro León, Santiago de los Caballeros. República Dominicana
O 31 de Marzo estiven no Centro León en Santiago de los Caballeros (República Dominicana) para a inauguración da colección de arte dominicana do Sr. Juan Manuel Portela. Entre os fondos da colección hai obra de Eugenio Granell a quen os dominicanos consideran como un deles. Ó meu pai sempre lle gustou isto.
Granell dixou a súa pegada na República Dominicana onde chegou en 1940 como refugiado e exiliado tralo final da Guerra Civil Española. Granell empezou a pintar nesa illa caribeña onde introduxo o surrealismo e cambiou, radicalmente, a historia da pintura na illa.
O primeiro de abril reunínme cun grupo de persoas ante as obras de Granell e falei cos alí prseentes sobre o meu pai. Foi un diálogo agradable no que participaron, entre outros, o coleccionista, Sr. Portela, o historiador de arte dominicana, Danilo de los Santos, e o Director do Centro León, Carlos Uribe Uribe.
(Natalia Fernández Segarra, Directora Fundación Granell)

. Campo cerrado. Arte y poder en la posguerra española. 1939-1953
27 de abril al 26 de septiembre, 2016
Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía


Exposición comisariada por María Dolores Jiménez Blanco que pretende botar luz sobre un dos periodos peor estudiados da historiografía da arte española.
A mostra está dividida en varias seccións: 1939; Imaxe e propaganda; Da restauración do academicismo á renovación: Eugenio D’Ors; O campo e a cidade: aspectos da vida cotidiana da España da autarquía; Exiliados e expatriados: o regreso de Joan Miró e o rescate das vangardas históricas; Da escola de Altamira e Dau ao Set; A renovación arquitectónica; O debate abstracción-figuración e a apropiación oficial do moderno.
Tócanse así, casi todos os aspectos sociais e estéticos da posguerra, dando a oportunidade, por primeira vez, de saber o modo complexo no que se conformou a arte da posguerra, en consonancia en certa maneira co que ocurriu no terreo literario.
A mostra componse dunha selección de obras de prestixiosos artistas, algúns escritores. Así, forman parte da mostra dúas obras de Eugenio Granell pertencentes á colección do Reina Sofía: Despertar de la selva (1945) e Desde dentro de la cueva (1942). Tamén para dita exposición prestamos a obra pertencente á Colección Surrealista da Fundación Eugenio Granell, Las dos hermanas (1944) do artista José Caballero.
Máis información: www.museoreinasofia.es

. Granell. El surrealismo como arte; el surrealismo como vida
Sede Cultural Cordón. Caja de Burgos. Burgos
29 outubro, 2015 a 10 xaneiro, 2016


A Fundación Caixa de Burgos acolle na Casa do Cordón a exposición: Granell. O surrealismo como arte; o surrealismo como vida. A mostra, que permanecerá aberta ata o 10 de xaneiro, percorre a vida e a obra do pintor, músico, escritor e cineasta Eugenio Fernández Granell.
A exposición de Cultural Cordón exhibe 55 obras repartidas entre pintura, debuxo, colaxe, obxectos, e construcións, nunha iniciativa da Fundación Caixa de Burgos realizada en exclusiva xunto á Fundación Eugenio Granell, e de cuxo comisariado ocupáronse Eduardo L. Valiña e Javier Del Campo. A elas deben sumarse diversos documentos, como partituras musicais, gravacións en audio, proxeccións das súas oito películas e diversas edicións dos seus libros, pois a súa relevancia literaria é cada vez máis apreciada entre os estudosos.
Xunto a este considerable elenco, nunha sorte de diálogo aberto, insírese a obra de moitos dos máis grandes creadores do surrealismo internacional. Trátase de realizacións pertencentes á colección persoal de Eugenio Granell, na que figuran autores imprescindibles como Breton, Péret, Man Ray, Duchamp, Masson, Max Ernst, Wifredo Lam, Picabia, Cesariny ou Roberto Matta, e Benjamín Palencia, Maruja Mallo e José Caballero entre os surrealistas españois, ata sumar un conxunto doutras 36 obras. Por todo iso, a exposición convértese nunha gran cita co surrealismo.
Trátase, en suma, dunha selección concibida para achegarnos con absoluta liberdade ao territorio da imaxinación, ao reino que Granell e os seus compañeiros surrealistas deixaron sempre aberto a cantos quixesen participar da utopía, a ilusión, a orixinalidade e o progreso.
http://www.abc.es/espana/castilla-leon/abci-granell-ultimo-surrealista-201510301034_noticia.html
http://www.elnortedecastilla.es/burgos/201510/29/granell-surrealismo-como-arte-20151029162900.html http://www.diariodeburgos.es/noticia/Z1C456480-C6DD-9E45-EC87D94532310596/20151030/trayectoria/granell/llena/surrealismo/casa/cordon
http://burgosconecta.es/2015/10/29/granell-convierte-la-casa-del-cordon-al-subrrealismo/
http://www.burgosnoticias.com:81/?n=http://www.burgosnoticias.com/000901/granell-el-ultimo-surrealista

. Eugenio Granell: viaxe ao exótico
MUSEO HISTORIA NATURAL DA USC, SANTIAGO DE COMPOSTELA
8 outubro – 12 novembro, 2015


Esta mostra lévase a cabo coa colaboración do Museo Fundación Eugenio Granell, a USC e o MHN. A proposta desenvolvida polo profesor Miguel Anxo González Rodríguez, nace do interese do Museo Fundación Eugenio Granell en crear unha estreita relación entre a institución museística e a universidade favorecendo o acceso do alumnado as súas instalacións, e poñendo a súa disposición os medios necesarios para levar a cabo esta mostra.
Eugenio Granell: viaxe ao exótico xira arredor de dous eixos fundamentais. Por unha banda, pretende reivindicar a obra do artista galego na súa estadía caribeña durante o exilio, onde verteu trazos da cultura e da fauna propias na súa obra. O paxaro, pois, aparece coma sinal de liberdade, artellando un mundo iconográfico perfecto para a súa estética surrealista. A herdanza de Granell complétase con pezas coleccionadas por el coma xoguetes ou figuras de aves. Por outra banda, a idea expositiva poderíase concibir coma unha versión depurada das antigas wunderkammer (cámaras de marabillas), que nos séculos XVI ou XVII aparecían nas residencias de altos persoeiros inzadas anarquicamente de pezas do mundo natural e máis da arte, isto é, de curiosidades. Co desenvolvemento dos modelos de museo natural e artístico, ó longo do XVIII, estes dous eidos separáronse. A unión de pezas da Fundación Granell e máis do Museo de Historia Natural tenta ser, polo tanto, unha lembranza deste concepto expositivo. Entre as pezas escollidas de Granell atópanse un óleo sobre cartón, o Pájaro flor, dúas acuarelas e unha construción, a máis doutras dez pezas da colección de arte étnica do Museo Fundación, provintes do antedito coleccionismo do artista. Xunto con elas, o Museo de Historia Natural achega sete mostras da súa colección vencelladas ó reino das aves.

. Fisiología de los sueños Cajal, Tanguy, Lorca, Dalí…
PARANINFO DA UNIVERSIDADE DE ZARAGOZA, ZARAGOZA
6 outubro 2015 a 16 xaneiro 2016

Exposición organizada pola Universidade de Zaragoza que se mostou no edificio Paraninfo da Universidade de Zaragoza. Exposición comisariada por Jaime Brihuega, profesor de Historia de Arte Contemporánea da Universidade Complutense de Madrid. Para esta exposición solicitouse a obra de Eugenio Granell, Los relámpagos cruzan una gran piedra negra, 1959, óleo/lenzo, 148,5 x 100 cm pertencente á Colección Fundación Eugenio Granell.