Home » Actividades » SEMANA DO LIBRO

SEMANA DO LIBRO

Libro por Libro
20, 21 abril
Bookcrossing
22 abril

A Fundación Eugenio Granell súmase á celebración do Día Internacional do libro con dúas actividades: Libro por Libro e Bookcrossing.
LIBRO POR LIBRO: PEQUENA FEIRA DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE ARTE.
Os vindeiros días 20 e 21 de abril, a biblioteca da Fundación Eugenio Granell organiza a actividade ”Libro por libro” que consiste en que todos aqueles particulares e institucións que así o desexen, poidan intercambiar os seus libros por aqueles en stock e repetidos da Biblioteca da Fundación Granell. Asemade convídase a calquera biblioteca interesada nesta iniciativa a participar connosco. A filosofía desta actividade pode resumirse co lema: “Alguén ten un libro que vostede quere, alguén quere o libro que vostede ten”.
Pola súa banda, a biblioteca da Fundación conta con libros repetidos (novos e usados) dos eidos da arte, cultura, ciencias sociais, etc. Así coma libros que edita a propia Fundación, os cales serán postos a disposición do público en xeral co fin de intercambialos por outros títulos das seguintes áreas temáticas: surrealismo, vangardas, e arte étnico.
Para realizar o intercambio deberán dirixirse á Biblioteca da Fundación Granell durante o horario de atención ós usuarios: de 11:00h á 14:00h e de 16.00h á 19.00h.

BOOKCROSSING
O venres 22 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, a Fundación Eugenio Granell, xunto a multitude de centros e museos de todo o mundo, únese á experiencia de “bookcrossing”.
A través do “bookcrossing”, a campaña de liberación de libros, os centros participantes pretenden anega-las cidades con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas. Tódolos libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes etiquetas e conterán as instrucións precisas para facilitarlle ó lector a súa participación na campaña.
Tamén estarán rexistrados na páxina web: www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indica-lo lugar onde liberarán cada exemplar.