Home » Actividades » TALLER DE CORDA “EUGENIO GRANELL”

TALLER DE CORDA “EUGENIO GRANELL”

IMPARTIDO POR: ORESTES REYES MARTÍNEZ
DURACIÓN: 8 clases
DATAS: 2,9,16,23,30 de abril e 7,14,21 de maio
HORARIO: 12:00h. a 14:00h
PREZO: 60 euros
Inscrición ate o 29 de marzo

O taller está destinado a alumnos de violín, viola e violoncelo de entre oito e catorce anos, cun máximo de 16 e un mínimo de oito participantes. Os alumnos deberánse inscribir antes do 29 de marzo.
O organizador seleccionará e arranxará un repertorio relacionado coa obra de Eugenio Granell para que sexa interpretado polos alumnos do taller.
Na proposta da actividade incluirase tamén unha visita guiada polas exposicións da Fundación. Os alumnos ademais de tocar, terán a posibilidade de crear unha obra plástica relacionada con Granell que se expoñerá o día do concerto de clausura. Neste concerto os alumnos interpretarán as obras traballadas e faráselles entrega dun certificado de participación.
O obxectivo deste taller é achegar a música ao público máis novo, coa intención de aumentar a práctica desta arte e promover a súa difusión.
Orestes Reyes formouse nos grandes Conservatorios da Habana, Cuba, na especialidade de violín e viola, baixo un estrito ensino tanto técnico como musical. No ano 1985 empeza a exercer como profesor de violín e viola en Cuba para terminar en Galicia onde actualmente é o Xefe de Departamento de Corda no Conservatorio Manuel Peleteiro en Santiago de Compostela. Formou parte da Orquestra Sinfónica Nacional de Cuba así como da Orquestra Nacional de Ópera e Ballet e da Orquestra da Radio e da Televisión. Fundou tamén un trío de harmonía de diferentes estilos para o Hostal dos Reis Católicos durante 11 anos.