Home » Activities » EXPOSICIÓN “PROXECTO ANGOLA”(Inglés)

EXPOSICIÓN “PROXECTO ANGOLA”(Inglés)

Martes 6 maio
19.99h
Sala Didáctica do Museo(Inglés)

O Museo Fundación Eugenio Granell inaugura mañá martes 6 de maio ás 19:00 h., a exposición “Proxecto Angola” de Javier Otero Rodríguez, que poderá visitarse ata o vindeiro día 15.
Con motivo da exposición, ás 12.00 h., será presentada aos medios de comunicación a ONG Acción Cívica Solidaria. Ademais, o xoves día 8 ás 19:00 h. Javier Otero Rodríguez, delegado de Rescate Internacional en Angola impartirá unha charla sobre os proxectos que a ONG ven desenvolvendo na provincia angoleña do Bié.

Esta exposición fotográfica é froito dunha viaxe de 40 días levada a cabo polo periodista Javier Otero pola provincia do Bié, no interior de Angola, e da a coñecer os proxectos que a ONG Rescate Internacional desenvolve neste lugar. Rescate Internacional traballa a favor dos refuxiados e desprazados, vítimas de conflitos armados e grandes crises medioambientais, políticas e sociais, axudándolles a atopar unha solución duradeira para as súas situacións e facilitando o acceso aos dereitos fundamentais, con especial interese en mulleres e nenos. Mantén a súa atención sobre as persoas refuxiadas durante todo o proceso de desprazamento interno, e/ou saída e posible reasentamento noutro país. A ONG traballa na integración ou o apoio ao retorno a aqueles países de orixe. A súa vez, coopera coa la reconstrución e fortalecemento dos países en vías de desenvolvemento.(Inglés)