Conferencia: Reggaetón e latinidade en España
Mércores 24 de xaneiro, 19.00h
A música, entendida como práctica cultural, é un vehículo para vivir as identidades. Neste senso, fenómenos musicais trasnacionais como o reggaetón permítennos interrogar as tensións que emerxen da herdanza colonial española nos territorios hispanoamericanos. No seu desenvolvemento comercial a comezos do século, o reggaetón codificouse como música latina, unha categoría que, ao chegar a España, foi asimilada como válida. Así, observarase a construción da latinidade a través do reggaetón no contexto español.