ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL
Conferencia: “As violencias no Ecuador de hoxe: Algunhas claves para entender a crise”
Mércores 24 de abril, 19.00h
A situación de violencias en Ecuador ocupou a atención pública e os principais titulares de noticias nos últimos meses, sobre todo, porque, non hai moitos anos, era considerado como unha “illa de paz” na rexión latinoamericana. Se ben a transmisión da toma dun medio de comunicación, a comezos de 2014, foi o evento que desvelou a gravidade do asunto ao mundo, a crise de seguridade foi evolucionando nos últimos anos, configurando un “territorio do crime” (Carrión 2024) que estase a combinar coas xeografías doutras violencias nas cidades e no rural, como as do extractivismo que atenta contra os pobos campesiños e indíxenas e os seus territorios.
Neste contexto, a charla navegará por algunhas claves multiescalares, estruturais e de conxuntura, para contribuír á discusión e a reflexión sobre esta crise que parece ser non soamente un asunto de Ecuador.