Home » Blog » Espazos

Espazos

Salas 2 e 3 segunda planta

SALAS 2 E 3 SEGUNDA PLANTA.
Estas salas de exposicións atópanse na segunda planta do edificio, con aceso directo á terraza trátase das salas máis polivalentes do museo, ideais para calquer tipo de reunión, desfile, encontro, evento corporativo, social. Pódense alugar xuntas ou separadas, ideais combinadas con calquer outro espazo da segunda planta.

Segunda planta, sala 1

Sala surrealista (sala 1)

SALA SURREALISTA (SALA 1).
Sala de exposicións, contigua á sala de didáctica . Esta singular sala con acceso directo á terraza do museo, é o marco ideal para calquer tipo de presentación, curso, reunións etc…

Sala Amparo

SALA AMPARO.
Singular espazo do museo, situado na segunda planta, nunha sala ideal para pequenos eventos, con carácter máis íntimo.

Didáctica

DIDÁCTICA.
Ubicado na segunda planta, este espacio contiguo á terraza, pode ser usado como sala independente ou como a zona complementaria perfecta para actos na terraza e/ou para calquer outra Sala da segunda planta. Espazo diáfano, polivalente para calquer tipo de evento corporativo ou social.

Segunda planta, lucernario

Lucernario

LUCERNARIO.
Situada na segunda planta do edificio, trátase dun dos espazos máis singularesey atractivos do Museo. É unha sala polivalente na que é posible realizar un cóctel, presentacións, rodas de prensa, entrega de premios, presentacións comerciais etc.
Pola súa ubicación é fácilmente combinable con algún outro espazo da segunda planta do museo.

Terraza

TERRAZA.
A terraza é un dos espazos máis emblemáticos da Fundación, a exclusividade é a sinal de identidade deste marabilloso espazo, marco ideal para calquer tipo de concerto, reunións, cóctel…..