Home » Blog » Coleccións

Coleccións

Fotografía: Eugenio Granell, Madrid, 1997

Colección Eugenio Granell

Colección principal dos fondos da Fundación. Recolle obras que mostran toda a traxectoria artística de Eugenio Granell. A colección está formada por óleos, construccións, ready-mades, colaxes, debuxos, acuarelas, gouaches, témperas, fotos e gravados.

Fotografía: Eugenio Granell, Madrid, 1997

Colección surrealista

Colección Surrealista

Eugenio Granell mostra dende o comezo do seu traballo artístico un claro interese polo coleccionismo, deste xeito ao longo da súa vida crea unha importante colección con obras de autores surrealistas (moitos deles foron amigos personais), que abarca dende autores consagrados como Marcel Duchamp, Max Ernst, Joan Miró, Roberto Matta, Esteban Francés; ata autores máis actuais de orixe moi diverso como: Cruzeiro Seixas, Maisonet, Karl-Otto Glotz, Yo Yoshitomé, Edouard Jaguer.

Colección Étnica

Colección Étnica

Nace do interese antropolóxico de Granell, que lle leva a coleccionar obxectos dos cinco continentes. Colección que mostra nas súas pezas o interese surrealista hacia o primitivo, por esa busca da cualidad do ser humano. Componse de máscaras, xoguetes e obxectos de diferentes lugares: Santo Domingo, Polonia, EEUU, Filipinas, Puerto Rico, África, España, Portugal.

Fotografía: Philip West, Madrid, 1993

Colección Philip West

En 1997 Philip West cedeu para o seu depósito na Fundación Granell unha extensa colección da súa obra, e doa a súa biblioteca persoal. 200 obras, principalmente, debuxos, óleos, gravados así como a súa importante biblioteca, con máis de 100 volumes sobre o Surrealismo, compoñen este legado. Artista británico afincado en Zaragoza dende 1983,é considerado pola crítica como un dos máis representativos surrealistas anglohispanos. El mesmo definiu a súa pintura como unha busca poética que comunique a un nivel máis alá da palabra, un nivel máis ben intuitivo que propón o reencontro, o punto de converxencia da vida consciente coa mente subconsciente por medio da analoxía. Na biblioteca da Fundación poden contemplar algunha obra deste artista.

Fotografía: Amparo Segarra

Colección Amparo Segarra

Amparo Segarra artista plástica, actriz de teatro e compañeira inseparable de Eugenio Granell. Identifícase plenamente coa técnica do collage surrealista, que usa para expresar as súas inquietudes.

Nas súas pezas observamos, cun clave de humor sutil, opinións sociais e pensamentos surrealistas. Todo envolto nunha estética feminina delicadamente equilibrada, ás veces dura, na que destaca a perfecta fusión dos diferentes cortes, creando un mundo de fantasía ilóxico, baseado na realidade.

Fotografía: Amparo e Granell

Colección Amparo e Granell. Obra conxunta.

Colección Amparo e Eugenio. Obra conxunta
Composto por unha serie de obras gráficas realizadas conxuntamente entre Eugenio Granell e Amparo Segarra con motivo dunha exposición de moda celebrada na Universidade de Porto Rico o 26 de marzo de 1950.
Os estudantes de arte desta universidade ían facer unha viaxe de fin de curso a Europa para visitar diferentes museos. Amparo e Granell crean estas obras gráficas nas que Amparo suxire o tipo de roupa que os estudantes deben levar nas visitas, mentres que Granell pinta escenografías para os seus recortes. Os collages e os gouaches fúndense nunha técnica única pero sen perder a identidade plástica de cada un.

Foron os primeiros collages de Amparo, iniciando así a súa carreira artística. A maior parte da súa produción realizouse nos anos 60, pero continuou practicamente ata a súa morte.