Home » Blog » Actividades » Páxina 7

Actividades

Actividades realizadas pola Fundación Granell

Imaxe: Insania. Iván Prieto

INSANIA A TRES BANDAS

  • Día: Sábado, 18 de Marzo.
  • Hora: 12.30h


Unha visita acompañada por: Ignacio Castro, filósofo; Lucía Suárez, comisaria da mostra e Iván Prieto, artista, á exposición: INSANIA. IVÁN PRIETO que se pode visitar, nas salas 4 e 5 da primeira planta da Fundación Eugenio Granell, dende o 16 de febreiro ata o 9 de abril.

Imaxe: Taller de teatro para adultos

TALLER DE TEATRO LIDO PARA ADULTOS

Impartido por Manuela Díaz Abreu


  • Días: 29 marzo; 12, 19, 26 abril; 3, 10, 24, 31 maio.
  • Horario: 18.00h a 19.00h
  • Custo: 10 €. Primeira clase gratuíta.
  • Idade: Desde 18 anos


A través dos encontros irase avanzando na construción de cada personaxe ate completar a experiencia da creación do mesmo. E logo mergullarse no xogo co resto de compañeiros, converténdose nunha actividade totalmente lúdica.

Imaxe: Taller de teatro infantil

TALLER DE TEATRO INFANTIL

Impartido por Manuela Díaz Abreu


  • Días: 28 marzo; 11, 25 abril; 2, 9, 16, 23, 30 maio; 6, 13, 20 xuño.
  • Horario: 18.00h a 19.00h
  • Precio 5€. Primeira clase gratuíta
  • Idade: De 8 a 12 anos


O obxectivo principal do taller é experimentar o potencial creativo que posúe cada nena/o dentro dunha dinámica de grupo activa e participativa, que permita valorar a importancia do traballo en equipo.

Imaxe: Taller monólogos de humor

TALLER: MONÓLOGOS DE HUMOR

Impartido por Kari Carbone


  • Días: 8 sesiós. Xoves 23, 30 marzo. Xoves 13, 20, 27 abril. Xoves 4, 11, 25 maio.
  • Horario: 18.00h a 19.00h
  • Custo: 25 € sesión
  • Idade: a partir de 16 anos


O Taller consiste na creación e interpretación de monólogos de humor como ferramenta lúdica, de socialización e expresión artística.

Imaxe: Acto Valle Inclán

VALLE-INCLÁN EN COMPOSTELA

O martes 7 de marzo, ás 11.30 horas a Fundación Eugenio Granell organiza o acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán na Alameda de Santiago de Compostela.



Este acto, que ven realizando desde o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán, no paseo de Recoletos, en Madrid, o día do teatro; pero neste caso para conmemorar o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galiza, a súa terra de orixe.

Imaxe: Cartel Encontros Americanos

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Conferencia A América vivida por Eugenio Granell

Pilar Cagiao Vila

1 de marzo de 2023, 19.00h

A consecuencia do seu exilio, Eugenio Fernández Granell viviu gran parte da súa vida en distintos lugares de América. Como a percibiu e en que medida influíu as súas experiencias ou cales foron as relacións que estableceu en cada un dos países polos que transitou son algúns dos aspectos sobre os que o seu legado documental permite demostrar que América e o americano constituíron unha parte esencial, non só da súa traxectoria vital senón tamén das súas inquedanzas intelectuais.

Cartel Visitas compostela

SANTIAGO DE COMPOSTELA A TRAVÉS DA MIRADA DE EUGENIO GRANELL. VISITA GUIADA BASEADA EN MEMORIAS DE COMPOSTELA.

Días: Venres 3, 10, 17, 24. Sábado 4, 11, 18, 25. Febreiro
(Outras fechas ou horario: Chamar ou enviar e-mail)
Horario:

  • Venres: 18:00h
  • Sábado: 12:00h

Saída: Fundación Eugenio Granell
Recorrido:
Orfas, Praza Mazarelos,
Caldereiría, Preguntoiro, Praza da
Quintana, Rúa Nova, Rúa do Vilar,
Alameda.
Duración: 1h,30h
Prezo: 10€ (inclúe unha visita ao
Museo).
Impartida por:Cristina Carballedo, guía de turismo de Galicia.

Dia do resturador consevador

DÍA INTERNACIONAL DO CONSERVADOR RESTAURADOR

Día internacional do conservador restaurador
Acción: Conservación preventiva in situ das exposicións dos fondos da Fundación Eugenio Granell
Venres, 27 de xaneiro
11:00h – 13:00h. Segunda Planta
Co motivo do Día Internacional do Conservador Restaurador realizaranse os labores de preventiva das exposicións da segunda planta do museo en horario de apertura ao público, entre as 11:00h e 13:00h, para xerar unha oportunidade na que o visitante poida observar parte das tarefas que  leva a cabo a área de conservación restauración, e xunto co  persoal técnico do museo presente nas salas, satisfacer curiosidades, dúbidas etc.  sobre o seu traballo  e sobre as obras expostas.
Esta acción busca visibilizar e concienciar sobre a importancia de contar con profesionais da conservación restauración nos distintos procesos e estratexias que conforman a preservación, investigación e difusión do Patrimonio e a Cultura.
Anímate a descubrir esta profesión que é un orgullo!.

PÁNICO NO MUSEO. MARÍA MEIJIDE. ARTISTA EN RESIDENCIA. VI EDICIÓN

Pánico no museo. María Meijide. Artista en residencia. VI Edición
26 Outubro 2022 – 29 xaneiro 2023
Visitas guiadas pola artista María Meijide
Venres 27
Horas: 12.30h y 18.30h
O domingo, día 29 de xaneiro, clausúrase a exposición Pánico no museo de María Meijide.
Con este motivo a artista impartirá dúasvisitas guiadaso venres, día 27, ás 12.30 e ás 18.30h
A entrada ás visitas e de valde.

XVIII Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “O teu personaxe favorito”

XVIII Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “O teu personaxe favorito”
22 Diciembro 2022 – 15 Xaneiro 2023
A finalidade deste Certame, que se ven realizando desde o ano 2004, é impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademáis dos premios que concede o xurado, a Fundación Eugenio Granell organiza unha exposición coas obras presentadas ao concurso, que este ano tivo lugar entre o 21 de decembro de 2022 ao 15 de xaneiro de 2023. .