Home » Blog » Actividades » Páxina 6

Actividades

Actividades realizadas pola Fundación Granell

Cartel Visitas compostela

SANTIAGO DE COMPOSTELA A TRAVÉS DA MIRADA DE EUGENIO GRANELL. VISITA GUIADA BASEADA EN MEMORIAS DE COMPOSTELA.

Días: Venres 3, 10, 17, 24. Sábado 4, 11, 18, 25. Febreiro
(Outras fechas ou horario: Chamar ou enviar e-mail)
Horario:

  • Venres: 18:00h
  • Sábado: 12:00h

Saída: Fundación Eugenio Granell
Recorrido:
Orfas, Praza Mazarelos,
Caldereiría, Preguntoiro, Praza da
Quintana, Rúa Nova, Rúa do Vilar,
Alameda.
Duración: 1h,30h
Prezo: 10€ (inclúe unha visita ao
Museo).
Impartida por:Cristina Carballedo, guía de turismo de Galicia.

Dia do resturador consevador

DÍA INTERNACIONAL DO CONSERVADOR RESTAURADOR

Día internacional do conservador restaurador
Acción: Conservación preventiva in situ das exposicións dos fondos da Fundación Eugenio Granell
Venres, 27 de xaneiro
11:00h – 13:00h. Segunda Planta
Co motivo do Día Internacional do Conservador Restaurador realizaranse os labores de preventiva das exposicións da segunda planta do museo en horario de apertura ao público, entre as 11:00h e 13:00h, para xerar unha oportunidade na que o visitante poida observar parte das tarefas que  leva a cabo a área de conservación restauración, e xunto co  persoal técnico do museo presente nas salas, satisfacer curiosidades, dúbidas etc.  sobre o seu traballo  e sobre as obras expostas.
Esta acción busca visibilizar e concienciar sobre a importancia de contar con profesionais da conservación restauración nos distintos procesos e estratexias que conforman a preservación, investigación e difusión do Patrimonio e a Cultura.
Anímate a descubrir esta profesión que é un orgullo!.

PÁNICO NO MUSEO. MARÍA MEIJIDE. ARTISTA EN RESIDENCIA. VI EDICIÓN

Pánico no museo. María Meijide. Artista en residencia. VI Edición
26 Outubro 2022 – 29 xaneiro 2023
Visitas guiadas pola artista María Meijide
Venres 27
Horas: 12.30h y 18.30h
O domingo, día 29 de xaneiro, clausúrase a exposición Pánico no museo de María Meijide.
Con este motivo a artista impartirá dúasvisitas guiadaso venres, día 27, ás 12.30 e ás 18.30h
A entrada ás visitas e de valde.

XVIII Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “O teu personaxe favorito”

XVIII Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “O teu personaxe favorito”
22 Diciembro 2022 – 15 Xaneiro 2023
A finalidade deste Certame, que se ven realizando desde o ano 2004, é impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademáis dos premios que concede o xurado, a Fundación Eugenio Granell organiza unha exposición coas obras presentadas ao concurso, que este ano tivo lugar entre o 21 de decembro de 2022 ao 15 de xaneiro de 2023. .

ANIVERSARIOS DE EUGENIO GRANELL E AMPARO SEGARRA

A Fundación Eugenio Granell celebra os aniversarios de Eugenio Granell e Amparo Segarra cunha xornada de portas abertas nas que poderán visitarse as exposiciones que temos na actualidade na segunda e primeira planta do museo.

A MIÑA PEZA FAVORITA.

O vindeiro martes 29 de novembro ás 19:00h. a Fundación Eugenio Granell presenta unha nova edición da A miña peza favorita, unha actividade que se inicia no 1997 e consiste en seleccionar unha ou varias pezas de entre as que forman as Coleccións da Fundación Eugenio Granell para que o convidado elabore un comentario persoal. Trátase dunha proposta aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación, coma na arte ou na figura de Eugenio Granell.