ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL
Nadal Latinoamericano: sincretismo e tradicións
Mércores 20 de decembro, 19.00h
Os Encontros Americanos na Granell chegan ao seu peche en 2023. Para despedir este ciclo arredor da cultura, da historia e da realidade política latinoamericana, propoñemos unha actividade centrada nos costumes, singularidades e diversidade do Nadal en América Latina. Relatores de Brasil, Cuba, Chile, México e Venezuela afondarán no sincretismo e na evolución histórica das tradicións latinoamericanas do Nadal, trazando dinámicas compartidas e singularidades nacionais. O músico venezolano Umberto Guillén Trujillo acompañará as intervencións con composicións festivas de cada país.