Home » Blog » Actividades » Páxina 2

Actividades

Actividades realizadas pola Fundación Granell

Imaxe: Encontros americanos

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Conferencia: Cuba, entre el castrismo e o trumpismo

Mércores 29 de abril, 19.00h

O que naceu como o proxecto social mais ambicioso de América Latina terminou convertido nunha estrutura de supervivencia para uns poucos. A Revolución Cubana, que unha vez exportou soños de soberanía, converteuse nunha ditadura sostida polo osíxeno de aliados externos –primeiro a URSS, logo Venezuela-. Hoxe, sen mecenas que financien o inmobilismo e cun sistema económico en ruínas, a illa enfróntase a súa hora mais escura. Analizaremos a anatomía dun país ao límite. Detallaremos como o réxime, incapaz de reformarse e pechado ás liberdades civís, mantén a súa poboación como refén dun modelo esgotado. A este escenario de Estado fracasado súmase o factor Trump: unha estratexia de asfixia económica que, lonxe de derrocar á cúpula, termina por quebrar ao cubano de a pé, quen padece os apagamentos, a fame e a falta de medicinas.

Imaxe: Día do libro

SEMANA DO LIBRO

A Fundación Eugenio Granell súmase á celebración do Día Internacional do libro coas actividades:

– LIBRO por LIBRO

– BOOKCROSSING

Imaxe: Encontros americanos

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Conferencia: Arxentina a 50 anos do Golpe Militar

Mércores 25 de marzo, 19.00h

O golpe militar de 1976 significou unha rotura na historia da Arxentina e América Latina. A 50 anos daquel golpe reflexionaremos sobre o terror estatal e os seus legados, a busca de xustiza por parte dos movementos de dereitos humanos e as diferentes miradas no conflito sobre o pasado ditatorial. Debatiremos sobre a construción dun consenso democrático nas últimas décadas e os difíciles desafíos que ese consenso atravesa no presente.

Imaxe: Bonecas Xaponesas

BONECAS OHINASAMA, FESTA TRADICIONAL XAPONESA HINAMATSURI

18 marzo – 4 abril

Sala Lucernario

Exposición dunha colección exclusiva de bonecas Ohinasama e varios quimonos de nenas da festa tradicional xaponesa coñecida co nome Hinamatsuri. É unha tradición moi arraigada na cultura do Xapón na que se levan a cabo unha serie de rituais familiares para desexar saúde e boa sorte ás nenas da casa.
As bonecas representan personaxes da corte imperial da Era Heian e foron transmitidas de xeración a xeración dentro das familias.

Imaxe: Valle-Inclán

VALLE-INCLÁN EN COMPOSTELA

O venres 13 de marzo, ás 13.00 horas a Fundación Eugenio Granellorganiza o acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán na Alameda de Santiago de Compostela.



Este acto, que ven realizando desde o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán, no paseo de Recoletos, en Madrid, o día do teatro; pero neste caso para conmemorar o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galiza, a súa terra de orixe.

Imaxe: encontros americanos

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Conferencia: Mulleres Bravas: defendendo o común en Galicia e Honduras

Xoves 5 de marzo, 19.00h

Mulleres Bravas é un proxecto conxunto de Amigas da Terra e Enxeñería sen Fronteiras como punto de encontro entre activistas de Honduras e Galicia. O proxecto aposta por tecer redes de solidariedade, recoñecendo o papel das mulleres como defensoras do territorio. Nas conversas fálase de modelo produtivo, de sostíbilidade e de igualdade, entendendo que a defensa ambiental é tamén unha cuestión de xustiza social. As experiencias do Sur Global e do rural galego dialogan. Mulleres Bravas non é só un proxecto: é un tecido vivo de voces, afectos e aprendizaxes compartidas.

Imaxe: Encontros americanos

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Conferencia: Do entroido « bárbaro » aos « divertimientos civilizados » en Uruguai

Xoves 26 de febreiro, 19.00h

Como manifestación social, o Entroido adáptase ás convulsións do tempo e só existe exercendo a súa crítica sobre o curso do mundo e sobre os poderosos do momento. Durante ese período, os individuos expóñense antes de retirarse ao seu universo íntimo, manifestan comportamentos inusitados caracterizados por un desencadeamento de feitos e palabras, unha verdadeira dislocación da orde social marcada por unha ruptura coas costumes e a moral establecida. Marcado pola alegría, o Entroido permite todas as liberdades porque, tradicionalmente, incitaba á xente a cometer maiores atrevementos, incluso en tempos de guerra ou de crise política, e revelaba os demos da personalidade oculta, como os da colectividade reprimida nos seus actos, como un xardín das delicias. Pero, que caracterizaba sobre todo a época da sensibilidade “bárbara” en Uruguai? Como evolucionou este Entroido ata converterse nun espectáculo que a poboación ofrécese a si mesma?.

Imaxe: taller de montaxe de obra

TALLER DE MONTAXE DE OBRA

Impartido por Manuela Díaz Abreu


  • Meses: marzo, abril, maio, xuño
  • Día: martes
  • Horario: 17.00h a 18.30h


O taller de montaxe teatral está dirixido a persoas que desexen representar unha obra de teatro, sen importar se teñen experiencia ou non. Traballaremos sobre a posta en escena dunha comedia de teatro, ensaiaremos as escenas por separado e a creación dos seus personaxes. Para completar a experiencia representaremos a obra ante o público ao finalizar os encontros.

Imaxe: encontros americanos

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Conferencia: Venezuela na encrucillada

Esta conferencia terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia

Resumo: a extracción do presidente Nicolás Maduro por medio dunha intervención militar o 3 de xaneiro pasado coloca a Venezuela, a súa relación con Estados Unidos, e a América Latina e o Caribe, nunha encrucillada. Como chegaron ambos países a esta situación? Como pode afectar esta intervención ao futuro político de Venezuela e o dos seus países veciños? Cales poderían ser os vindeiros pasos de Estados Unidos en Venezuela e na rexión? Esta charla busca expor algunhas reflexións analíticas desde o campo das Relacións Internacionais sobre unha situación en desenvolvemento cun desenlace que é incerto.