ESCENARIOS DA PAIXÓN. HOMENAXE A MARÍA CASARES
20 abril – 25 xuño 2023
Salas 4 e 5. Primeira planta
20 abril – 25 xuño 2023
Salas 4 e 5. Primeira planta
A Fundación Eugenio Granell súmase á celebración do Día Internacional do libro coas actividades:
– LIBRO por LIBRO
– BOOKCROSSING
Charla impartida por:
Helena Santidrián Mas
Xoves 13 de abril de 2023, 19.00h
Fabricio Clerici (1913-1993) foi un pintor milanés que viviu durante a maior parte da súa vida en Roma. A súa obra, relativamente pouco coñecida e próxima ao Surrealismo e á Pintura Metafísica, foi asociada con diversas correntes artísticas. De feito, as obras de Clerici derivan directamente da metafísica do pintor Alberto Savino e reciben marcadas influencias surrealistas, pero no pertence plenamente a ningunha das dúas correntes. A súa obra foi cualificada por algúns críticos, como Alfred H. Bart, de “arte fantástico”, e ten como base teórica o citacionismo erudito e a recuperación de temas e iconas da Idade Antiga, especialmente a Clásica.
Conferencia Xénero e inmigración en Galicia
Laura Osos Casas
29 de marzo de 2023, 19.00h
Galicia caracterízase, en comparación co resto do estado, por presentar unha maior feminización das migracións, así como unha sobre-representación da inmigración Latinoamericana. A herdanza do pasado, como país de emigración, é un legado que explica a configuración dos fluxos de inmigración presentes, xunto coas transformacións sociais e económicas nas últimas décadas, que configuraron unha demanda “xenerizada” da man de obra inmigrante.
Días e horarios: Chamar ou enviar e-mail para concertar visita
Saída: Fundación Eugenio Granell
Percorrido:
Orfas, Praza Mazarelos,
Caldereiría, Preguntoiro, Praza da
Quintana, Rúa Nova, Rúa do Vilar,
Alameda.
Duración: 1h,30h
Prezo: 10€ (inclúe unha visita ao Museo).
Impartida por:Cristina Carballedo, guía de turismo de Galicia.
16 marzo, 2023 – 2024
Sala Amparo. Segunda planta
Unha visita acompañada por: Ignacio Castro, filósofo; Lucía Suárez, comisaria da mostra e Iván Prieto, artista, á exposición: INSANIA. IVÁN PRIETO que se pode visitar, nas salas 4 e 5 da primeira planta da Fundación Eugenio Granell, dende o 16 de febreiro ata o 9 de abril.
Impartido por Manuela Díaz Abreu
A través dos encontros irase avanzando na construción de cada personaxe ate completar a experiencia da creación do mesmo. E logo mergullarse no xogo co resto de compañeiros, converténdose nunha actividade totalmente lúdica.
Impartido por Manuela Díaz Abreu
O obxectivo principal do taller é experimentar o potencial creativo que posúe cada nena/o dentro dunha dinámica de grupo activa e participativa, que permita valorar a importancia do traballo en equipo.
Impartido por Kari Carbone
O Taller consiste na creación e interpretación de monólogos de humor como ferramenta lúdica, de socialización e expresión artística.