Presentación do libro Al calor de tu nombre de Selena Millares
Mércores 21 outubro, 18.30h
Al calor de tu nombre é a nova novela de Selena Millares e parte dunha figura real, a de José Almoina, para levantar unha obra de grande ambición literaria sobre o século XX. Aínda que nace dun personaxe histórico, a novela non se limita a reconstruír unha biografía nin a ilustrar un período, senón que explora como a política irrompe na intimidade, como o amor intenta soster a vida baixo o terror e que prezo pagan os corpos e as conciencias cando a Historia deixa de ser pano de fondo e vólvese destino.












