
O Museo, no seu desexo de se converter nun lugar de promoción e criación cultural, organizou desde o seu início, actividades culturais que tiveron moi boa acollida por parte do público. Ademais de concertos, ciclos de cine, performances, recitais de poesia, conferencias, maratóns de lectura que contaron coa participación de diversos colectivos, colexios, institutos e particulares e que desde o ano 98 se repetiron tódolos anos, hai que destacar outras actividades relacionadas directamente coa temática das exposicións. Asi se fixeron diversas representacións teatrais. A primeira deu a coñecer a obra de Eugenio Granell “A Cámara Negra” que se estreou coa exposición “Granell e o teatro” comisariada por Javier Navarro de Zuvillaga. O grupo Minerva dirixido por Roberto Leal, Tacón Teatro por Socorro Vedo e Tangatutanga por Beatriz Bravo colaboraron na realización deste tipo de representacións nas que existe unha indiscutibel conexión entre texto e temática expositiva e nas que o escenario o constituiu o propio espazo do Museo.
No ano 2000 se celebrou o Congreso Internacional de Surrealismo. Homenaxe a Eugenio Granell no que participaron importantes personalidades relacionadas co mundo da arte (profesores, críticos, artistas…). E no 2006 celebramos o Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell no que especialistas en diferentes materias abordaron o estudio das diversas facetas nas que destacou este polifacético artista.
Wir Frauen Presentación do work in progressXoves 24 de febreiro ás 20.00 horas Na Sala Lucernario, cedida amablemente para tal fin pola Fundación Eugenio Granell, presentase o proceso de creación…
NECESITAMOS O TEU APOIO PARA CONSEGUIR O MOBILIARIO NECESARIO PARA COLOCAR O LEGADO BIBLIOGRÁFICO DE EUGENIO GRANELL Deixa a túa pegada patrocinándonos! O teu nome será amosado no noso espazo de Biblioteca…
O Museo Eugenio Granell coa colaboración do Centro Comercial Area Central convoca un ano máis o VII Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “Os mares de Granell”O plazo de admisión…
“Artículos políticos 1932-1990” “Correspondencia con sus camaradas del POUM. 1936-1999″19 de novembro ás 19.30 horasBiblioteca Gòtic-Andreu Nin, Barcelona EUGENIO GRANELL: CORRESPONDENCIA CON SUS CAMARADAS DEL POUM Tratase dunha escolma de…
O vindeiro día 26 de febreiro ás 12.00 horas, no Consello da Cultura Galega, Edicións A Nosa Terra e a Fundación Eugenio Granell, presentan a publicación “Dicionario de surrealismo e…
Na Residencia de Estudiantes en Madrid, preséntanse o vindeiro 30 de setembro ás 19.30 horas dúas publicacións de Eugenio Fernández Granell: “Eugenio Granell. Correspondencia con sus camaradas del POUM (1936-1999)” e “Artículos políticos (1932- 1990)”. O…