Home » Actividades culturais

Actividades culturais

O Museo, no seu desexo de se converter nun lugar de promoción e criación cultural, organizou desde o seu início, actividades culturais que tiveron moi boa acollida por parte do público. Ademais de concertos, ciclos de cine, performances, recitais de poesia, conferencias, maratóns de lectura que contaron coa participación de diversos colectivos, colexios, institutos e particulares e que desde o ano 98 se repetiron tódolos anos, hai que destacar outras actividades relacionadas directamente coa temática das exposicións. Asi se fixeron diversas representacións teatrais. A primeira deu a coñecer a obra de Eugenio Granell “A Cámara Negra” que se estreou coa exposición “Granell e o teatro” comisariada por Javier Navarro de Zuvillaga. O grupo Minerva dirixido por Roberto Leal, Tacón Teatro por Socorro Vedo e Tangatutanga por Beatriz Bravo colaboraron na realización deste tipo de representacións nas que existe unha indiscutibel conexión entre texto e temática expositiva e nas que o escenario o constituiu o propio espazo do Museo.

No ano 2000 se celebrou o Congreso Internacional de Surrealismo. Homenaxe a Eugenio Granell no que participaron importantes personalidades relacionadas co mundo da arte (profesores, críticos, artistas…). E no 2006 celebramos o Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell no que especialistas en diferentes materias abordaron o estudio das diversas facetas nas que destacou este polifacético artista.


Imaxe: Taller de teatro infantil

Impartido por Manuela Díaz Abreu Días: Mércores 20, 27 septembro; mércores 4, 11, 18, 25 outubro; mércores 8, 15, 22, 29 novembro.Horario: 18.00h a 19.00hCusto: Gratuíto.Idade: Desde 18 anosInscrición: conservadorjefe@fundacion-granell.org…

Imaxe: A miña peza favorita

Intervén: Cristina TrigoMartes 20 Xuño, 19.00h A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación…

Imaxe: A miña peza favorita

Intervén: Iván MoureMartes 9 Maio, 19.00h A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación…

Imaxe: Maratón de lectura

Mércores 31 de Maio11.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.00h Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis, a Fundación Eugenio Granell organiza o…

Imaxe: Encontros americanos

Conferencia A CIA en América latinaManuel de la Iglesia Caruncho26 de abril de 2023, 19.00h As intervencións de Estados Unidos en América Latina en décadas pasadas son ata certo punto…

Imaxe: A miña peza favorita

Intervén: Pablo BarreiroMartes 25 Abril, 19.00h A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación…