Home » Actividades culturais

Actividades culturais

O Museo, no seu desexo de se converter nun lugar de promoción e criación cultural, organizou desde o seu início, actividades culturais que tiveron moi boa acollida por parte do público. Ademais de concertos, ciclos de cine, performances, recitais de poesia, conferencias, maratóns de lectura que contaron coa participación de diversos colectivos, colexios, institutos e particulares e que desde o ano 98 se repetiron tódolos anos, hai que destacar outras actividades relacionadas directamente coa temática das exposicións. Asi se fixeron diversas representacións teatrais. A primeira deu a coñecer a obra de Eugenio Granell “A Cámara Negra” que se estreou coa exposición “Granell e o teatro” comisariada por Javier Navarro de Zuvillaga. O grupo Minerva dirixido por Roberto Leal, Tacón Teatro por Socorro Vedo e Tangatutanga por Beatriz Bravo colaboraron na realización deste tipo de representacións nas que existe unha indiscutibel conexión entre texto e temática expositiva e nas que o escenario o constituiu o propio espazo do Museo.

No ano 2000 se celebrou o Congreso Internacional de Surrealismo. Homenaxe a Eugenio Granell no que participaron importantes personalidades relacionadas co mundo da arte (profesores, críticos, artistas…). E no 2006 celebramos o Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell no que especialistas en diferentes materias abordaron o estudio das diversas facetas nas que destacou este polifacético artista.


Maratón de lectura

Xoves 26 maio10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas Un ano máis a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura seguindo co seu obxectivo de fomentar a tarefa…

Museo Verbum, casa das Palabras

Presentación do DICIONARIO DE SURREALISMO E SURREALISTAS Martes 29 de marzo, ás 19:30 horas. A Fundación Eugenio Granell e Edicións a Nosa Terra, presentan a obra Dicionario de surrealismo e…

ÁLBUM ILUSTRADO DANÉS

2-26 de marzo A Fundación Eugenio Granell presenta a mostra Álbum ilustrado danés; exposición que leva aparellado todo un conxunto de actividades arredor da ilustración infantil, a desenvolver durante todo…

Wir Frauen

Wir Frauen Presentación do work in progressXoves 24 de febreiro ás 20.00 horas Na Sala Lucernario, cedida amablemente para tal fin pola Fundación Eugenio Granell, presentase o proceso de creación…

QUERES COLABORAR COA NOSA BIBLIOTECA?

NECESITAMOS O TEU APOIO PARA CONSEGUIR O MOBILIARIO NECESARIO PARA COLOCAR O LEGADO BIBLIOGRÁFICO DE EUGENIO GRANELL Deixa a túa pegada patrocinándonos! O teu nome será amosado no noso espazo de Biblioteca…

VII Certamen de Arte Escolar Eugenio Granell

O Museo Eugenio Granell coa colaboración do Centro Comercial Area Central convoca un ano máis o VII Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “Os mares de Granell”O plazo de admisión…